Virá o tempo demorado dos marmelos,
unha cor inédita no arco da vella,
virá un siléncio lene
pregoando primaveras novas.
Orvallarán as tardes
-sementadas de ternura-
nutrindo de VIDA cada ollada,
e un pouso delicado de luz
percorrerá a alma e os poros.
Vai-se fechar unha porta
pero unha vez pasado o ferrollo,
sei doutras que se abren,
na cunca dunha man sincera
no agromar silente dun sorriso.
Elevade os ollos por acima desta hora,
na eira azul do TEMPO que agroma.
intuide comigo unha carne NOVA,
un viño de outubre lizgairo,
outra vida que se vai abrir
como unha fenda
de mel e laranxas.
Tal vez unha rosa nua.
Non digades ás luces que se apaguen,
sostede a lembranza do FULGOR
de cada estrela, de cada día,
repasade o CAMIÑO trillado,
esa manchea de horas que non morren,
de rostos ancorados en cada páxina
do GRANDE LIBRO DA VIDA.
Inventade un ORGULLO comigo,
decidide vós o próximo verso,
ponde nel unha carícia lenta
un ABRAZO limpo como un vento de seda
que disipe a tristura.
Mirade comigo os eidos da casa,
no xardín doa,
esencial como a água incolora
funha unha rosa.
Esta é a rosa que vemos,
sementada de ternura
na cunca dunha man SINCERA
unha fenda de mel e laranxas.
(…)
HENRIQUE RABUÑAL: “Palabras para Rosa” (do poemario “O tempo demorado dos marmelos”, 2000)
Publicado por: MontePituco | 26/05/2011
PALABRAS (DE BENVIDA) PARA XAN
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Cultura, Pensamentos, Veciñ@s
sintome enormemente agraciado co esta fermosa dedicatoria.Nunca tampouco fixen para mereceme tanto agarimo,solidaridade e bos desexos.O sol e a lua no Pornedo ou Pituco,seguiran brillando e ofrecendo claridade desde esta atalaia fermosa da nosa parroquia.De corazon transmito o meu agradecemento a todo/as que tan bonitos desexos me brindastes.SAUDE
By: xan on 27/05/2011
at 20:10
Avante toda, Xan. Sexa a forza telúrica deste monte e dos seus habitantes para que non che falten folgos nesta andaina. Aquí estamos para o que precises.
By: MontePituco on 28/05/2011
at 12:08
Agardamos verte canto antes sentado na terraza do Carballinés con algunha das túas amigas.
Apertas Xan
By: Breaseixo on 28/05/2011
at 12:01
[…] el foron recentemente estas PALABRAS (DE BENVIDA) PARA XAN. Estoutras que lle adicamos no seu pasamento non son ningún adeus, senón un ata […]
By: PALABRAS (DE DESPEDIDA) PARA XAN « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 18/06/2011
at 01:06