Publicado por: MontePituco | 12/05/2011

A PAPE-CUTRE-LETA

…Mira o que fago coa túa pape(cutre)leta, Pilar Blanco&Cía.

Que non te enganen. Alardean de ter gobernado nos últimos catro anos “dende as máis importantes áreas de goberno municipal”. Alardean de que a súa xestión traduciuse “nunha mellor calidade medioambiental do noso municipio”. Entenden por calidade medioambiental a desfeita do Monte Pituco se prospera a súa intención de instalar un polígono industrial aí, en plena fachada litoral de Marín? nunha zona con núcleos de poboación rural próximos que se abastecen dos mananciais naturais que nacen nela? levando por diante o valioso patrimonio arqueolóxico e etnográfico existente? (estragando no monte o patrimonio cultural e etnográfico que presumen de ter recuperado no centro urbán e nas parroquias).

Adiantan que se van centrar na “creación de emprego e no desenvolvemento económico da nosa vila”. Pretenden destruir dende a xestión do urbanismo o que preconizan dende a xestión do medio ambiente? Esquizofrenia política na pandilla nacionalista marinense? Ou simple incoherencia?

Rás-rás! Rexeita a súa papeleta. Non lles votes. Bótaos!


Respostas

  1. [URL=http://img197.imageshack.us/i/noonb.jpg/][IMG]http://img197.imageshack.us/img197/6369/noonb.jpg[/IMG][/URL]

    Uploaded with [URL=http://imageshack.us]ImageShack.us[/URL]

    Eu nunca dubidei de que o BNG noutros municipios o pode estar facendo moi ben.
    Pero en Marín foron nefastos.
    Estou totalmente de acordo con vós. Rachemos as papeletas

  2. Estou totalmente de acordo con vós. hai que rachar estas papeletas.
    Eu non dubido que o BNG está a facer un bo traballo noutros municipios.
    En Marín foron nefastos.

    [URL=http://img197.imageshack.us/i/noonb.jpg/][IMG]http://img197.imageshack.us/img197/6369/noonb.jpg[/IMG][/URL]

    Uploaded with [URL=http://imageshack.us]ImageShack.us[/URL]

  3. Totalmente de acordo con vós.
    A xestión medioambiental do BNG foi nefasta nestes catro anos para Marín, e sobre todo para o Monte Pituco. Hai que botalos
    Saúdos

    • BreaSeixo, entre o de urbanismo que quere chuzar o polígono neste monte; a de medio ambiente, que presume de certificados “verdes”; e a de cultura, que non perde nin un roteiro polo espazo Sete Camiños e polos petroglifos do Pornedo, está o patio bloqueiro moi, pero que moi, confuso. Non teñen arreghlo. Están en estado de auténtica ruina mental.

  4. Outro ano electoral sen opcións políticas para Marín. Xa non sei se é que temos o que merecemos ou qué pasa aquí. Non vexo as facianas dos marinenses mais válidos en ningunha das listas. Unha pena.

    • Pregunta: e quen son eses “marinenses máis válidos”? Por que non optan a exercer na política activa? A oferta electoral é a que é. Que cada un/unha elixa en conciencia. Unha cousa temos clara: polas malas formas do actual alcalde socialista e o seu continuo desprezo a este colectivo veciñal, pola incoherencia e a hipocresía do grupo nacionalista á fronte das áreas de medio ambiente, de urbanismo e de cultura, temos unha arela ben clara: QUE NON REPITAN.

  5. Totalmente de acordo con Monte Pituco

  6. […] A PAPE-CUTRE-LETA […]

  7. […] do artigo titulado “A pape-cutre-leta“, do 12 de maio de 2011. Like this:LikeBe the first to like […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: