En vésperas do Día das Letras Galegas, que está adicado ao poeta Lois Pereiro, a Asociación Cultural Almuinha celebra por cuarto ano a Festa da Lingua. A partir das 11:00 horas a Alameda de Marín será o escenario dun un amplo abano de actividades: o grupo de música tradicional Os Chichisos, e as pandereteiras e pandereteiros de Maravallada, amenizarán a xornada; haberá unha solta de libros infantís para insuflar espírito lector entre os máis novos; os máis cativos tamén poderán asistir á sesión de contacontos do grupo Codia e Miolo, ademais de participar en xogos populares.
A partir das 14:00 horas celebrarase no pabillón do Colexio Sequelo un gorentoso xantar. E das 17:00 en diante, para gastar as calorías inxeridas, un campionato de billarda. Quen se anima!
Língoa proletaria do meu pobo,
Eu fáloa porque sí, porque me gosta,
Porque me peta e quero e dame a gana;
Porque me sai de dentro, alá do fondo
Dunha tristura aceda que me abrangue
Ao ver tantos patufos desleigados,
Pequenos mequetrefes sin raíces
Que ao pór a garabata za non saben
Afirmarse no amor dos dos devanceiros,
Falar a fala nai,
A fala dos abós que temos mortos,
E ser, co rostro erguido,
Mariñeiros, labregos da lingoaxe,
Remo i arado, proa e rella sempre…
(Celso Emilio Ferreiro, fragmento de “Deitado frente ao mar…”)
…Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra língoa…
…Galicia, doce mágoa das Españas
deitada rente ó mar, ise camiño.
By: breaseixo on 18/05/2011
at 21:24
…Non falo para os soberbios,
non falo para os ruís e poderosos,
non falo para os finchados,
non falo para os valeiros,
non falo para os estúpidos,
que falo para OS QUE AGOANTAN REXAMENTE
MENTIRAS E INXUSTIZAS DE COTÍO…
By: MontePituco on 18/05/2011
at 23:37