“…No caso de Marín recollemos o descontento de dantos ante ese mal chamado “bautismo civil” introducido polo alcalde marinense con pouc fortuna, a mesma pouca que a non realización do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Marín (e xa van máis de 30 anos de espera polo dito plan); o mesmo podemos dicir das beirarrúas de San Xulián, despois de tantos anos aínda temos que esperar non sabemos canto para velas feitas; e para terminar unha de ecoloxía, pois aproveitamos unha vez máis para MANIFESTAR A DISCONFORMIDADE COS PLANS OFICIAIS PARA CONVERTER PARTE DO MONTE COMUNAL EN ZONA INDUSTRIAL, O CAL É UNHA CLARA AGRESIÓN Á NATUREZA NO SENTIDO MÁIS RETRÓGRADO DA CONCEPCIÓN DO QUE DEBE SER O PROGRESO DUN POBO”.
A folla parroquial de San Xulián correspondente a este mes de maio volve ser dura e contundente contra a pretensión do Goberno local vixente de instalar un polígono industrial no Monte Pornedo. Xa en marzo do pasado ano, a folla parroquial se pronunciaba claramente a prol da conservación deste espazo e criticaba a intención do PSOE e do BNG de destruilo baixo o formigón e os taludes. Recolliamos as impresións do párroco Jorge Gómez Gude nun artigo titulado
…Agora, en plena campaña electoral, a folla parroquial non pasa por alto esta valoración e sostén que o futuro de Marín non pode pasar por arrasar o monte veciñal sen xeito nin dereito. Ogallá a veciñanza compartira este pensamento, xa non só por unha mera cuestión de sensibilidade medioambiental, senón por unha evidente razón de sentido común.
COMO PRESIDENTE DA AA.VV SAN XULIAN ALEGRAMONOS DESTAS REFEXIONS,POIS REFLEXAN A REALIDADE DAS DEMANDAS INCLUMPLIDAS E AGRESIONS QUE PRETENDEN COMETER O NOSO ENTORNO E O PORNEDO.
Pedimos que a xente plantexe os problemas a cara dos candidatos e se deixe de adulacions e cacicadas,coas cales mais de catro,venden a parroquia.Desde o meu retiro en SANTIAGO ANIMO OS SOCIOS E VECIÑOS A QUE LLE DIGAN OS DO GOBERNO MUNICIPAL E DIPUTACION QUE NOn tragamos con novos enganos e solucions propia de feirantes.
By: xa on 11/05/2011
at 18:32
Moitas grazas, Xan. E moito ánimo, sempre.
By: MontePituco on 12/05/2011
at 21:49