O home é terra ergueita en pantasía
vertical acrobacia dos lameiros
tolo chouto no ar
O home é terra
E terra sobor todo i endenantes
dos ideás valeiros co asoballan
porque hai un berro fondo nos miolos
a turrar pola vida deica o orixen
Eu sinto que nos chaman dende sempre
dos escuros illós antergas voces
e escoito polas noites dende as praias
os cantos feiticeiros das sireas:
os ulíseos cantos, o chamado
dos aléns mergullados baixo as tebras.
Eu sinto que me chamas, terra miña,
cun brado xeolóxico e tremente
e esbaro no tropismo violento
deica o xermen do mundo deica o xermen
¿Non escoitáis no sangue este doente
río de luz a se ceibar dos canles
de tolleitas “verdás” que nos apreixan?
Si sodes homes ride, percurade,
deixai fuxir ao mar vosas arelas,
deixade xa as mesquinas cuadraturas.
Que agarda a redondez donda da terra.
(ÁNXELES PENAS, de “Galicia fondo val”)
Magnificas imaxes e fermosos versos. Parabéns.
By: Paco on 22/04/2011
at 20:07
Benvido, Paco. Moitas grazas, alegrámonos que che gustara.
By: MontePituco on 23/04/2011
at 00:03
Benvido, Paco. Moitas grazas, alegrámonos que che gustara.
By: MontePituco on 23/04/2011
at 00:03
[…] Artigo de 2011: 22 DE ABRIL, NO DÍA DA TERRA […]
By: DÍA DA TERRA « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 22/04/2012
at 20:42