É relativamente sinxelo chegar ata as árbores,
ata a súa altura indiferente.
Agora ben, non é alí onde queda máis salientable
o baleiro, a desprotección?
O home que acade os lindes do bosque
exponse entón a ser sustituído por una imaxe,
polo lento significado do tempo…
(Ricardo Martínez-Conde, de “O silencio das árbores”)
Publicado por: MontePituco | 05/04/2011
ALTO DO PORNEDO (II): GANDO MOSTRENCO
Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Monte veciñal, Parroquia de San Xulián
Esto si que e indignante!!!!!!!!!! o pedazo ese de pau que leva o cabalo na pata habiallo que colgar do pescozo ó dono do cabalo.
O mais gracioso deste tema e que ningún colectivo se fai eco desta situación dos cabalos, ou mais ben non fai moito incapé en que se solucionen estas incidencias.
Hai un tempo atras falando con un compañeiro que tibera calos, dixome que estos cepos eran ilegais pero que llos poñian pa que o cabalo non se marchara moi lexos. E cando había algunha denuncia ante o seprona, o propio colectivo cabalar avisaba ós donos dos cabalos pa que lles foran quitar os cepos.
Pois mira ti por onde, este domingo vou salir ca moto ó monte e cando vexa o primeiro cabalo con cepo vou chamar ó seprona.
By: rvrey on 05/04/2011
at 13:22
http://www.liberaong.org/nota_campanas.php?id=16
By: lukas on 05/04/2011
at 13:50
Non é a primeira vez que atopamos cabalos con pexas nas patas. Por suposto, fixemos un informe e entregámosllo ao Seprona, ademais de notificarllo á Comunidade de Montes.
https://montepituco.wordpress.com/2010/07/14/animais-os-donos/
É unha lacra que tamén nos temos que propoñer erradicar, por moi difícil que é, sendo realistas. Nos montes veciños de Pontevedra, por exemplo, as comunidades están máis organizadas e presionaron as institucións para que boten man tanto do gando mostrenco que baixa ás leiras dende o monte e causa danos nas colleitas (recolleron os animais dos que os seus donos non se fixeron responsables e subastáronos, que, non sei se é a mellor solución), como daqueles máis desafortunados, sobre todo as eguas, ás que lles poñen pexas e trancas para limitar a súa mobilidade. Nestes casos, ademais do Seprona, tamén cómpre poñer o caso en mans da Fiscalía de Medio Ambiente.
By: MontePituco on 05/04/2011
at 14:01