Publicado por: MontePituco | 04/04/2011

ALTO DO PORNEDO (I): REFORESTACIÓN

Para tomar aires puros

quero as alturas dos montes;

e río para bañarme,

qu’auga trai de moitas fontes.

(Cantiga popular, século XIX)

 

Advertisements

Responses

  1. Hola de novo!!!

    Lein no voso faceboock que esta nova reforestación non era compatible cas motos.

    Si che digo a verdad, si que entendo e respeto que donde hai un novo arbol, planta, etc. plantado non se pode andar ca moto pa que poida medrar(Porque nun despiste ou nunha caida podemos acabar encima del e rompelo, por eso non se debe de andar nas novas plantacións). Unha vez pasados uns anos cando o arbol, planta, etc. sexa mais consistente-grande penso que non lle fai ningun mal que unha moto lle pase polo lado(e o que penso, non estou decindo que a miña palabra sexa a lei).
    O que non entendo e que si se está intentado chegar a un dialogo para iniciar unha nova via de actuacion entre usuarios de moto offroad, asociacion e comunidad ¿Por que pos que estes arbores non son compatibles cas motos?
    Xa sei o porque non o son e imaginome que calquer persona con dous dedos de frente tamen o sabrá.
    Refierome o feito de que si intentades chegar a un acordo(en algo), non andedes, nin polo voso lado nin polo dos usuarios offroad, metendo trampas no camiño do dialogo e do acordo para que todos poidamos disfrutar do monte.

    Ojalá poidades chegar a un acuerdo, pero pa eso tendes que poñer das duas partes.

    INTENTADEO

    • Dende o noso humilde punto de vista, a reforestación dun terreo non é compatible co uso motorístico dese espazo porque efectivamente, entre árbores novas e fráxiles, o paso das motos acabaría con elas, como así foi con moitas delas que quedaron debaixo dos sendeiros trazados polas rodadas (fíxate nas fotos, que hai prantas que están xusto a rente de por onde pasan os vehículos, e que ao mínimo desvío van acabar esmagadas debaixo dos neumáticos). E non están os tempos para andar tirando cos cartos, nin públicos (en caso de que nesa actuación colaborara a Consellería de Medio Rural) nin colectivos (se foi unha plantación realizada cos fondos, limitados, da comunidade de montes). Iso para empezar.
      Andando o tempo, cando as árbores medraran e foran fortes, seguiría sendo incompatible a existencia dese bosque co tránsito de motos e quads a toda pastilla, monte arriba e monte abaixo, polo medio das árbores, porque en caso dun accidente, as consecuencias caerían enriba da comunidade de montes. É outro problema no que levamos insistindo dende o principio: en caso dun percance, a responsabilidade subsidiaria é dos comuneiros que, por riba de non querer que rodedes aí, vos teñen que pagar por bos se algún abre a cabeza (é un dicir, coloquialmente, xa verás como alguén saca de contexto estas palabras) contra un tronco ou unha pedra, cousa que agardamos que non suceda nunca.
      O teu comentario contradise con outro que fixeches nun artigo anterior. Naquel apelabas ás partes para definir “por onde é posible andar e por onde non”, cito textualmente, e mesmo suxerías posibles vías de colaboración por parte dos motoristas coa comunidade de montes, cousa que sería fantástica. E agora parece que recúas e das a entender (igual non capto o sentido real das túas palabras) que para chegar a un acordo temos que ceder nós, a puro ghuevo, criticando que lle poñemos “trampas” ao diálogo por defender as nosas ideas, con criterios obxectivos. Cando escribes “¿por que pos que estas árbores non son compatibles coas motos? xa sei o porqué…”. É que te estás contestando a ti mesmo.
      …Diálogo, o que faga falta, pero coas ideas claras, sen medias tintas. Por enésima vez: pedimos que se erradique o uso de motos e quads con fins deportivos no Alto do Pornedo; e fóra del, se a comunidade de montes dispón dun espazo apto (falaban dun terreo por arriba da zona de Macenlle, non sei como de avanzado está iso) para que poidades seguir rodando, de p*m*, falando en prata.
      A outro compañeiro teu dicíalle, era unha reflexión persoal, e permíteme que cha expoña a ti tamén, que me parece alucinante que os comuneiros teñan que pregarse ás vosas “esixencias”. Dito así soa un pouco forte, vale, explícome. É dicir: levades tempo rodando aquí, en terreo comunal, coa inexplicable permisividade dos responsables de impedir precisamente que o fagades. Actuades como se o espazo fora voso ou se tiverades algún dereito de uso sobre el. E agora, cando os comuneiros pretenden recuperalo, “a cambio de” que non volvades rodar por este espazo, haivos que dar “nonseiqué”, como se os comuneiros foran, na súa propia casa, os vosos reféns e tiveran que pagar un rescate por liberar o Pornedo (que é deles) da presenza dos vosos vehículos.
      Claro, o que non chora, non mama: pretenden privar os motoristas dun espazo estupendo para circular, e os motoristas quéreno conservar a toda costa. Pero conste que os comuneiros non teñen a obriga de dar nada “a cambio de”. O que lles basta é que, aplicando a lei, as motos e os quads circulen polas pistas habilitadas, non por espazos prohibidos ou restrinxidos a ese uso. Ora ben, hai posibilidades de proporcionarvos un espazo alternativo? …Pois miel sobre ojuelas! que se diría en castelán (mel con filloas, en galego?).
      …E xa me enrollei outra vez. Mecachis!

  2. Hola

    Non sei si me entendestes mal ou me expliquei eu mal, non digo que vos lapidedes as posibles vias de un posible acuerdo. O unico que quería decir e que non vos tiredes pedras ó camiño nin vos nin eles, intentade solucionalo polas boas.

    Outra cousa, eu non son de esa zona pero interesame o tema porque algún dia esto mismo pode suceder por onde eu ando ca moto.

    No que si discrepo, e no que dis que os comuneiros sodes responsables subsidiarios de calquer percance que lle ocorra a algun motorista e que non queredes que esto pase, enton non queredes que anden as motos polo Pornedo.
    Entonces tampouco podría ir xente a pasear, nin facer rutas de senderismo, nin rotadas, etc. porque no caso dun accidente os responsables subsidiarios serian os comuneiros. ¿equivocome ou hai algunha diferencia entre unha lesion de motorista e unha de un sendeirista?

    E seguindo con este tema da subsidiario: Non sei si algunha vez estudiastes o codigo penal, eu si e tamen lle preguntei a unha xueza de confianza, e o que dis de responsabilidad subsidiaria dos comuneiros non ten sentido algun dentro do Codigo Penal.
    Non te fies do que di a tele, nin o que din os periodicos, nin os medios de comunicacion sobre xuicios, codigo penal, civil, penitenciario, etc. porque si algun dia tes algo de tempo e leeste algun destos codigos ou reglamentos verás que o que din nos medios de comunicacion non ten nada que ver co que realmente e a lei.

    E con esto acabouse pola miña parte, intentade arreglalo da mellor forma posible e sinon ……………………

    • …E se non, botamos unha loita na lama. Pero non vale levardes casco nin as aparatosidades que vos poñedes.
      Sobre o tema da responsabilidade subsidiaria: eu non son directiva da comunidade e non coñezo a fondo o regulamento nin teño formación académica en asuntos legais como para argumentar esa afirmación. Pero non a lanzo de forma gratuita. Ao que era presidente da comunidade veciña de Lourizán oínlle chamarlle a atención a un motorista ao que lle dixo iso xustamente. E non é o único. Entre os primeiros comentarios deste artigo atópase o de Paco, que pertenceu á xunta rectora dunha comunidade de montes situada na bisbarra de Noia e que segue este blog. E dixo o seguinte:
      “Efectivamente, en caso dun accidente as comunidades son responsables civís subsidiarias e dado que os montes son inembargables, no caso de que os fondos existentes non cheguen para aboala posible indemnización, teríamos que responder subsidiariamente os comuneiros e comuneiras. Por máis que no seu día tratei de explicar estas cousas nas asembleas cando tres directivos sen haberme avisado previamente contrataron a dous comuneiros sen ningún tipo de seguro para cortar madeira, viña o presidente e dicíalles que non era verdade o que dicía eu e quedábanse coas súas verbas…”.
      Comprenderás que me fíe da súa experiencia. Non obstante, asegurareime e para iso pregunteilles aos representantes da Federación Galega de Comunidades de Montes en Man Común, que nos están apoiando na loita contra o polígono industrial e que nos asesoran cando temos algunha dúbida en materia de monte veciñal.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: