Publicado por: MontePituco | 27/02/2011

BOLSAS SOSPEITOSAS

No Monte Pornedo só se debe sentir o zoar do vento entre as pólas das árbores, o trote dun cabalo, o ladrido dun can que está de paseo cos seus donos, o boureo dunhas ovellas pastando, o repenicar da chuvia ou o estrondo dunha tormenta, o bater de ás ou o chío dos paxaros. A túa voz. E o “silencio”. Calquera son de procedencia “natural” é benvido, dáse no seu contexto. Pero …ai! cando ronca un motor, e non precisamente de calquera dos vehículos que circula pola variante que temos a certa distancia. Cando se oe o ronquido dun motor no Monte Pituco, malo. É un ronquido forte, agresivo. O piloto acelera para subir a pendente, as rodas escorregan nas pedras e o tubo de escape bota fume. Cando se oe o ronquido dun motor no Monte Pituco acudimos coma lóstregos para apercibir o máis amablemente posible aos conductores, cousa que, por desgraza, acontece cada fin de semana soleado. A Comunidade de Montes NON autoriza a NINGUÉN a pilotar NINGÚN vehículo na zona do Monte Pornedo, preto dos seus petroglifos, degradando coas rodas o terreo da montaña, crebando as árbores que hai plantadas, deixando tirados neumáticos, latas e plásticos. NON!

Nesta ocasión, sorprendemos a dúas persoas montando unha moto pequena, ningunha especializada para practicar enduro, nin motocross. Dous mozos, zigzagueando sen rumbo aparente, que atravesaron toda a campiña, subiron pola pendente e foron ata o miradoiro. O máis sospeitoso da súa presenza eran os bultos que levaban enganchados do manillar ou suxeitos pola man: bolsas de cartón, ou de plástico das típicas do supermercado, cheas de… ¿? Deron a volta, acaso amolados por non teren o monte para eles sós e perdéronse ao lonxe. Seica marcharan. Pero ao cabo duns momentos, baixaban, co motor apagado. Non marcharan, foran máis arriba pola pista, e tal vez se desfixeron nalgún recuncho das bolsas que portaban, aínda que non o podemos asegurar con certeza. Sexa como fora, que mal lle fai o monte a quen o usa de vertedoiro? Que interese lle ve a dar voltas e máis voltas coma nun tiovivo, gastando combustible inutilmente, e dando tombos nun terreo que co seu comportamento contribúe a erosionar cada vez máis? Por que se lle dá ao monte de todos un trato tan denigrante? A preguntas coma estas, a resposta única e firme é a denuncia pública nesta fiestra virtual e ante as autoridades competentes en materia de medio ambiente. Visibilizar e protestar, para avergoñar os agresores e sensibilizar a cidadanía.

 


Responses

  1. Pues a mi me parecen un par de chavales majos buscando un sitio tranquilo para pasar un “rato agradable”, mas valía que hicieras lo mismo y te dejaras de tocar los …

    (botoncitos de la cámara, mal pensada… )

    Un saludo y que ud. lo pase bien de una vez, a ver si se tranquiliza

  2. …Tan “majos” coma vostede, seghuriño. Co seu alcume xa se está catalogando a sí mesmo/a. Non cómpren máis explicacións. Xa se hai que aburrir para buscarlle os “tres” pés ao gato buceando nun artigo de hai catro longos meses. Pero adiante, siga rulando (a pé ou sobre rodas) polo blog canto queira, élle de balde.
    E de baixar a garda, nunca. Repito: N-U-N-C-A.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: