Publicado por: MontePituco | 28/02/2011

10º ESCRITO AO ALCALDE


Responses

  1. O alcalde caeu nas redes sociais.
    Agora témolo en Facebook, Twuiter e non sei cantas mais.
    Para ter unha boa compaña, puxo a todos os afiliados e exconcelliros que aínda non coñecen estas redes, a facer un cursiño acelerado.

    Fran agarda ter “un millón de amigos e así mais forte poder cantar. pero no quiere cantar solito, el quiere un coro de pajaritos”.

    Cóntovos esta noticia porque tal vez sexa unha boa oportunidade para os de Monte Pituco de poder facerlle as vosas peticións.
    Apertas

    https://breaseixo.wordpress.com/2011/03/29/socialistas-atrapados-nas-redes/

    • BreaSeixo, como sempre, facendo gala do seu inesgotable inxenio. Precisamente hoxe o Sr. Veiga ten selado por rexistro o 11º escrito. Temos que recoñecer que, nese sentido, somos un pouco chapadiños á antiga. Como xa non se escriben cartas como antano, esa é a nosa modesta contribución ao xénero epistolar. Como ben sabes, para “conectar” co alcalde e re-candidato vía Facebook, témoslle que facer unha petición para que nos admita como “amigos” e, sendo realistas, esa posibilidade é ben remota. No caso de que non teña perfil persoal, senón unha páxina, teriámonos que facer seguidores dela premendo nun icono que pon “me gusta” cando, en realidade, non nos gusta a actitude de Francisco Veiga, nin o non-trato que nos dispensa. O exercicio da hipocresía deixámosllo a políticos coma el, nós imos seguir apostando pola coherencia, e insistindo na vía institucional.
      Por suposto, lemos o teu artigo e seguimos canto vai saíndo de novidade no blog.
      +Apertas.

  2. Ou sexa que hai que ser amigo do alcalde para que nos faga caso no seu blog?
    Ou sexa que non admite críticas?
    Mira ti que cousa!

    “Despois os do PSOE entran coma Perico por su casa, nos blogs dos demais a “expoñer a súa liberdade de opinión”.
    Vivir para ver
    Moita sorte ós do Pituco!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: