Publicado por: MontePituco | 25/01/2011

METE O SPRAI NO C…

Haise que desgustar, cabrear e rebelarse contra a ignorancia, a maldade e o vandalismo. Porque esta trapallada de mal gusto, esta horterada chafalleira, esta merda -dispensando a mesa- non ten outro nome. Porque o autor/a/es/as destas pintadas son de encefalograma plano, uns pobres maleducados e uns vulgares gamberros que podían ter gastado o sprai nas paredes da súa casa ou na súa mesma cara de moinantes, por non dicir no seu mesmísimo e respetabilísimo cu. Estúpidos, cobardes, desgrazados. A vergoña deste país que, con especimes de tan baixa estofa, non vai levantar cabeza endexamais da vida, nin que o que mundo volvera xurdir cen veces doutros tantos Big-Bang. Pailarocos que desprezan as pedras, a historia que conteñen e o que significan. Que lles importa un carallo afear o espazo natural ao que pertencen dende centos ou milleiros de anos antes de que naceran os palanquíns que lle foron facer esa porquería de garabatos. Pois que valentía, ir bater ao medio do monte para pintarruxar tan malamente un fumeta e unha ameba extraterrestre. Para vós, quenqueira que sexades, o noso máis fondo desdén. E que vos dén!

Dende o Monte Pornedo, o noso máis fondo agradecemento ás persoas e colectivos que vos pronunciastes en contra deste atentado contra o patrimonio.

Grazas a Milagros, contamos contigo! Grazas a Paco, por quedar primeiro sen palabras e por recuperalas despois para compartir a súa lucidez: limpar a “graza” e poñelos a apañar batume éralles un castigo benévolo de máis. Aos amigos da Coral Casablanca, que exercerían de capataces na supervisión do correctivo. A Joám, que tamén apunta maneiras: “Umha sançom exemplarizante deveria ser imposta a quem atenta contra o património. A quem fai estes estúpidas gravuras ou quem desde o poder destrue jazigos inteiros, montes, rios, etc.” A Terras do Morrazo, que tamén sería firme na súa condena: “A estos individuos, morracenses ou non, os exiliabamos a todos nun con no medio do mare, xentuza!”. A Galiza Segreda, que sente “mágoa” deste comportamento que, por riba, tamén se ten cebado, noutros lugares, en patrimonio arqueolóxico de moita antigüidade. A Fran por ser tan lacónico: abofé, son uns “imbéciles”. A Paz, que escribiu: “noxo de xentuza prescindible, que só fan bulto nesta sociedade tan carente de persoas con dous dedos de fronte”. A Gelis, por confirmarnos que hai “demasiado tarado solto”. A Piornedo Ceive, que tamén lles metería o bote de pintura aló onde as costas perden o seu casto nome. A Hu, por queixarse con tanto glamour: “Pffff, vraiment nul!”

E a todos/as os demais, pola adhesión e a solidariedade. O Monte Pituco (Pornedo) superará as agresións mentres conte co voso alento. E faremos del un lugar aínda máis espectacular coa vosa colaboración. Abaixo polígono! Arriba Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños!


Responses

  1. Este vandalismo é produto da incultura e falta de educación.
    Eu, coma nai que son, pídolle a tódalas mulleres que teñen nenos pequenos ou pensan telos no futuro, que procuren darlles unha educación respectuosa coa natureza e coa historia dos nosos antergos.
    A cultura dun pobo mídese según a sensibilidade que amosa hacia o seu entorno.
    Ánimo a tod@s os que loitades para facer deste mundo un espazo mais habitable.

  2. É tamén produto da desidia das institucións, da súa falta de interese por poñer en valor o patrimonio, por non velar pola súa conservación e promover, co seu desinterese, a falta de respeto galopante que se está detectando na sociedade por estes temas. As institucións só utilizan (no sentido mercantil da palabra) o patrimonio e a cultura para facer propaganda efímera. Sen que a xente se decate, estamos perdendo os nosos sinais de identidade. E acabaremos sendo fume.

  3. […] de tantos solpores e de tantas lecturas, vén de ser vítima dunha agresión imperdoable. Xa en xaneiro de 2011 DEFENDE O MONTE PITUCO informou da aparición dunhas pintadas chafalleiras sobre a mole de granito. […]

  4. […] de tantos solpores e de tantas lecturas, vén de ser vítima dunha agresión imperdoable. Xa en xaneiro de 2011 DEFENDE O MONTE PITUCO informou da aparición dunhas pintadas chafalleiras e antiestéticas sobre a […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: