Publicado por: MontePituco | 10/12/2010

PLENO DE DECEMBRO (I): A TRANSCRICIÓN

O alcalde de Marín e cabeza de lista do PSdeG-PSOE nas próximas eleccións municipais, Francisco Veiga, é un señor altivo e arrogante. Un xestor irresponsable que non ten o máis mínimo pudor en admitir publicamente a súa negación ao diálogo cun colectivo veciñal que sempre se dirixiu a el de xeito formal, lexítimo e respectuoso. Un político sen ápice do talante que o máximo líder do seu partido proclamou como bandeira. Que actúa por capricho, que demostra terlle manía a quen discrepa, e que carece da máis elemental base democrática. Por riba, coas súas palabras evidencia unha colosal torpeza, porque igual aínda non é consciente da súa abraiante metedura de pata ante a Corporación, ante a prensa e ante a opinión pública. Vergoña allea, alcalde, vergoña allea.

Transcrición dunha pregunta formulada polo grupo municipal de Marinenses Independentes no pleno que se acaba de celebrar. Intervén a concelleira Isabel Martínez Epifanio

“Nesta lexislatura presentamos unha proposta de participación cidadá que non sae adiante nunca. Claro, non se lle pode dar voz á xente que asiste aos plenos e entón temos que serlles intermediarios os que formamos parte da Corporación. Existe unha asociación que se chama Defende o Monte Pituco que ten pedidas entrevistas con vostede en abril, xuño, xullo, setembro, novembro e decembro e aínda non foi recibida. Creo recordar que todos os partidos políticos levabamos nos nosos programas electorais aquelo da atención aos veciños, que os veciños participen, que os veciños veñan, que van ser recibidos en todos lados. Gustaríame saber, señor alcalde, cando vai recibir a esta asociación?”.

Atención á resposta do alcalde de Marín, Francisco Veiga.

“Con respecto á participación cidadá, relacionado coa asociación Defende o Monte Pituco, a súa portavoz sabe perfectamente cal é A MIÑA OPINIÓN sobre o tema. TIVEMOS UNHA CONVERSA, CREO QUE TELEFÓNICA E OUTRA NAS ESCALEIRAS DESTE EDIFICIO, ONDE SE LLE TRASLADOU O QUE PENSO sobre a súa postura e en concreto o que hai sobre a área empresarial industrial do Pituco. E NON TEÑO MÁIS QUE DICIR SOBRE O ASUNTO, PARA REPETIR O MESMO, NON…”

Volve interpelalo a concelleira de Mar-In.

“…Pero se alguén pide unha entrevista con vostede…”

E o alcalde non di máis nada sobre o tema e pasa a contestar outra pregunta.

“Con respecto ao alumeado navideño…”

O seguinte turno no uso da palabra é para o tamén concelleiro de Mar-In, Miguel Suárez Briones que, nun momento da súa intervención apunta o seguinte comentario:

“…As entrevistas co alcalde van ser a partir de agora, polo que vostede di, nas escaleiras do Concello ou van ser vía telefónica, e aínda que vostede teña unha postura ben coñecida con respecto a parques industriais, se alguén lle pide unha entrevista, o lóxico e o cortés é recibilo e contestarlle…”.

E en agradecemento polas palabras dos edís de Mar-In, especialmente pola reprimenda de Suárez Briones ao alcalde ante a necedade da súa contestación, aplaudimos. Aplausos aos que se suman outras persoas do público, ás que lles agradecemos a súa adhesión sonora.


Responses

  1. A raíz de todo o lío que se montou cos veciños que abarrotabamos a sala de plenos para protestar polos micropolígonos, o alcalde limitou o aforo e sólo deixaban entrar a sesenta persoas. O resto tiña que quedar fora, nin siquera nos deixaba estar no recibidor do concello cando había frío. Tiñamos que estar, literalmente, fora, á intemperie.
    Os grupos da oposición protestaron pero o alcalde alegou que o chan de madeira podía virse abaixo con tanto peso.
    O grupo Marín-In presentou entón unha proposta para en cada pleno, un portavoz dos veciños pudera intervir, facendo algunha pregunta.
    Esta proposta foi rechazada con contundencia e coas burlas do equipo de goberno, con Muradas e Vilaboa á cabeza.

    Cando o Futbol Club Barcelona ganou non sei que copa e anduveron a paseala por todos os concellos de España. Fran Veiga recibeu na sala de plenos a todos os aficionados (Mais de trescentos), e non tivo medo ningún de que se lle afundira o chan.
    A foto desa multitude na prensa, encheu de orgullo ó alcalde, gran aficionado culé, que facía estas declaracións. “Hubo un momento que casi pensé que el suelo se iba a ir abajo”.

    En fin, que son malos tempos para as voces críticas.
    Os alcaldes sólo admiten adulacións, o resto prefiren ignoralo.

    • Ben que lembramos eses feitos, que deron lugar a que Marín ocupara un deshonroso ranking ante o Valedor do Pobo.

      http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2010/03/17/0003_8359761.htm

      Desta volta, a actitude inflexible e irracional do alcalde vai merecer tamén que o Valedor do Pobo e unha ristra de institucións máis coñezan o “rodillo” de Francisco Veiga, o seu recoñecemento inxustificable e vergoñento de que os veciños críticos son atendidos por teléfono e nas escaleiras.

  2. […] PLENO DE DECEMBRO (I): A TRANSCRICIÓN […]

  3. […] PLENO DE DECEMBRO (I): A TRANSCRICIÓN […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: