Publicado por: MontePituco | 19/10/2010

SOMOS NOTICIA

Somos noticia, sen ter feito nada máis que ir contando a cotío nesta páxina virtual a nosa experiencia veciñal, o noso compromiso coa defensa do monte e a relación (ou falta dela, no caso do alcalde) cos poderes políticos. O artigo orixinal que deu lugar a esta información de Álvaro Agulla no Diario de Pontevedra, por iniciativa do propio redactor e sen ningunha mediación previa, pódese ler a continuación:

CARTA AO ALCALDE (OUTRA MÁIS)

Por suposto, esta mesma semana DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) volverá ao Rexistro do Concello para presentar unha nova solicitude de entrevista co rexedor municipal. Será xa o quinto intento.


Responses

  1. Parabéns. Eu non tiven a mesma sorte cunha nota que sobre temas comunitarios entreguei persoalmente, nun diario que presume de ser a voz de Galicia, e iso que me identifiquei a tódolos efectos.
    Curiosamente outros si que poden facelo sen cumprir esa norma e publícanllas. Como di Shin Chan, eche o que hai.
    O dito parabéns e a seguir dando “tralla”, que algún día farannos casos, porque escoitar si que nos escoitan, aínda que logo se fagan o parvo.

    • Paco, moitas grazas unha vez máis pola visita e, sobre todo, por esas palabras de alento. Viva Nebra (ou Arben)!

  2. Mi solidaridad con vuestras reivindicaciones. Me sorprende de manera desagradable que el alcalde no os quiera recibir. Tendrá su tratamiento por mi parte en un artículo que escribiré sobre el tema.

    • Moitas grazas pola visita, Erasmo, o teu apoio tamén é moi valioso e fortalécenos. Xa é a segunda vez que un medio de comunicación recorre a este blog como fonte directa de información, sen ningunha mediación previa pola nosa parte. Iso lévamos a pensar, modestamente, que DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) é un colectivo relativamente ben considerado e que os nosos plantexamentos son razoables. Tendo en conta o papel da responsabilidade social que debe desempeñar a prensa, extrapolamos que se un redactor, por iniciativa propia, dá conta das nosas actividades, dos nosos argumentos e reflexións e, en definitiva, da nosa causa, é tamén en parte porque o que aportamos ten credibilidade, á marxe da noticiabilidade. Outro galo cantaría se foramos un colectivo de baldreus e falabaratos, pero dende o principio quixemos ser sempre rigurosos e respectuosos; puidemos ter os nosos fallos, puidemos ter reaccionado moito antes, pero estamos no presente e o que queremos é que non se cometa agora unha decisión errada que hipoteque o futuro.
      A cousa é ben sinxela. O primeiro e único día que tivemos ao alcalde fronte a fronte para interpelalo, non para facerlle un reproche, senón para que nos escoitara un momento e nos dera razóns que avalaran o uso industrial do Monte Pituco… o que fixo foi poñer mala cara, farfullar unha expresión inintelixible, dar media volta e marchar. Foi a principios de ano, ao remate dun pleno que transcorrera nun ambiente tenso. Dous concelleiros do seu partido, o de xardíns e o de rural, quedaron con nós falando, quizais conscientes de que o desplante do alcalde fora un xesto de mala educación. O edil de xardíns aseguraba que non había en todo Marín ningún outro sitio para instalar un polígono industrial, que era o terreo máis chan que atoparan, e para avalar esa afirmación dicía que el mesmo era titulado “en-non-sei-que” e que o sabía mellor que ninguén. A realidade foi que o estudo independente que encargamos a unha consultora de montes e medio ambiente (que logo resultou estar vencellada ao propio grupo de goberno) demostrou que MÁIS DA METADE DO TERREO “condeado” a perecer baixo o formigón ten MÁIS DO DOBRE DA PENDENTE RECOMENDADA polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construcción de polígonos. O resto, xa é máis ou menos coñecido.
      Sabemos, do seguemento que facemos aos contidos do Foro Marinenses, que o alcalde tamén che da “esquinazo”, que elude un encontro que lle propuxeches manter. Será que o alcalde só se reúne con quen lle di o que quere oír, que os seus oídos e neuronas non aturan as voces que están á marxe do seu guión.
      Algún día próximo tamén nós comentaremos este extremo nun dos nosos artigos. Grazas e unha aperta.

      PD: Sabendo o bo lector que es, recomendámosche o post de hoxe adicado a Ian McHarg. Agardamos que che guste.

  3. Non tiña idea sobre o tema da PENDENTE RECOMENDADA polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construción de polígonos, iso quere dicir que a campaña que fixo o BNG de Porto do Son no seu panfleto para “gañarse aos veciños” é pura falacia. A zona que “propoñen”, iso si, sen que os comuneiros xamais nos pronunciaramos, é unha pedregueira con unha forte pendente e ao seu carón, descorre un río.
    O intento de gañarse aos veciños, era porque dende o ex-bipartito da Xunta, apostaban por facelo en monte privado, e xa sabemos, que se nós tocan o noso rebotamonos, agora o que sea comunal que lles dean.
    Curiosamente os dous montes están un fronte ao outro, co río polo medio.
    Deixo dúas ligazón para que se me entenda un pouco mellor.
    http://nebra-nebra.blogspot.com/2008/05/manipulacin.html
    http://nebra-nebra.blogspot.com/2009/07/o-cinismo-dus-presidente-primeira-parte.html

    • Pois si, Paco. En 2009 o Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou a “Guía de Recomendaciones Técnicas para el Proyecto Integral de Parques Empresariales en Galicia”. Non ten rango legal, pero nese documento detállanse os estudios previos á construcción de parques empresariais e os criterios para a súa viabilidade.
      A Guía di: “Os parques de tipo industrial non se poden localizar razoablemente sobre as zonas moi abruptas, entendendo por estas as que superen o 15 % de pendente. O movemento de terras, se non se compensa e se minimiza, xera un sobrecuste na urbanización interna do parque e pode chegar a representar unha afección ao medio non só física, senón natural e de tipo paisaxístico”.
      Ese é un dos nosos argumentos de peso para rexeitarmos o polígono previsto no Monte Pituco, porque o estudo topográfico revelou que en máis da metade da área afectada a pendente é máis do dobre do recomendado. Xa ves! Quererán pagarlle un pastón a algunha empresa “amiga” de destierres, e deixarnos sen monte, á mercede das riadas que veñan coas chuvias cando o curso das augas quede irreversiblemente alterado, e cuns taludes descomunais. Non che hai sentidiño ningún.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: