Publicado por: MontePituco | 18/10/2010

RAIAS E CENTOLAS

…Aínda non vistes “Raias e centolas”? O equipo do programa “Un país para comérselo” da TVE que conducen os actores Juan Echanove e Imanol Arias estivera gravando imaxes e entrevistas o verán pasado en Moaña, Bueu e Marín. Emitiuse hai uns días e máis de 300 persoas xa o recomendaron en Facebook. A ver que vos parece, podédelo visualizar na seguinte ligazón: “Rías Baixas: raias e centolas“.

 

Aí temos a dona Saladina Pazos, “60 anos traballando no campo”, di ela, mentres se moe o millo nun antigo muiño de Miñán. E xa coa fariña nos sacos, e entre copla e copla picantona, os seus seguintes pasos son peneirar e amasar na artesa para facer unha empanada de zamburiñas. Feliz 70 cumpreanos!

 

Amalita García tamén leva moitos anos vendendo peixe na praza de abastos. O seu segredo para cocer o marisco é tan simple como efectivo: “…Mimalo”, confesa, sostendo unha centola ben xeitosa.

 

Tamén intervén Mercedes González, propietaria da empresa frigorífica Rosa de los Vientos, situada no porto e especializada na comercialización de pulpo. Un animal que considera “o máis cariñoso do mar, porque ten tres corazóns e oito brazos”.

  

…Curiosamente, o toque supersticioso propio dunha reportaxe ambientada en Galicia veu da man do cura de San Tomé, Rubén Aramburu. Logo de guiar a Tonino polo cemiterio da parroquia, armoulle nada máis e nada menos que unha (discreta) queimada. Atención á recreación imaxinaria que o reporteiro fai da figura do pirata, porque ten un guiño político ben simpático.

O armador Manuel Nores fixo unha auténtica apoloxía do peixe e do marisco de Galicia. Cando Imanol Arias o saúda cun afable “…Qué tal, señor Nores?!”, a súa reacción non pode ser máis pavera e espontánea: “…Luchando, coma sempre”. Ao mando da operasión rapeta na praia de Mogor… a quen tiña Nores como grumete subordinado?

Entre outros personaxes que se asoman pola pantalla, atópase quen fixo de cicerone do programa, o empresario Alfonso Díaz, que se autodefiniu como “gran papador e apaixonado da ría de Marín”. Volverémolo ver no capítulo que “Un país para comérselo” lle adique a Xaén, onde Díaz dirixe unha aceiteira.

E xa nos derradeiros minutos, Os Chaneiros amenizan a base de gaitas, bombos e pandeiretas unha multitudinaria centolada no Merendero. Ata aquí a inmersión no enxebre way of life de Marín, con Arias e mais Echanove roendo a dous carrillos. Ei, carballeira!


Responses

  1. Eu vin o programa e coñezo a casi todos os que participan nel.
    Cando grabaron as imaxes da rapeta na praia de Mogor, casi hai pelexas por saír “na foto”, o mais peleón foi o alcalde, que ataviado cunha camiseta blanca con dibuxos de labirintos, quería estar en primeiro plano, e total pasou tan desapercibido que casi ninguén sabería que estaba alí, se non fora porque aqueles días da grabación saíron fotografías nos periódicos.
    A rapeta hoxe en día está prohibida e ademais o peixe que se ve no programa non se pescou alí, senón que llo votaron dende un barco.
    A xente de Ons estuvo moi ben. O faro é precioso. Saladina fantástica e as peixeiras tamén.
    Para a miña opinión, o cura sobra, aínda que sexa o que mais minutos ocupa. De sobra coñecemos a súa afición por saír nos medios e por facer de actor.
    En Aguete hai varias persoas que o saben todo sobre o pirata Soto Quiroga, e incluso nos poderían amosar o pazo onde viveu.
    De Santomé poderían poñer a sidra se quixeran, pero esta vez a queimada pertencíalle a Aguete.
    O que pasa é que hai demasiados “curuxas, sapos e bruxas” metidos polo medio.
    Graciñas por atender o meu comentario.

    • Faltaría máis, BreaSeixo, grazas pola visita e polo comentario… Poderiamos distinguir dous niveis de “lectura” da reportaxe de marras. Por unha parte, a imaxe que se proxecta de Marín aos espectadores de fóra da vila e do noso contorno xeográfico inmediato. Nese aspecto penso que podemos coincidir en felicitarnos de que as intervencións dos veciños foron correctas, que dende o punto de vista técnico e xornalístico o enfoque da información é respectuoso e, por tanto, no seu conxunto, o resultado é satisfactorio. Por outra parte, quen estea ao tanto da “intrahistoria” que rodea o proceso de produción do espazo, pode “desmitificar” o contexto no que se elabourou o traballo. É probable que houbera piñas e codazos para “chupar” cámara por parte de representantes municipais e os seus afíns. Aí suponse que os redactores e productores frearían calquera intento de asumir protagonismos subrepticios, tratándose dunha reportaxe sobre paisaxe, paisanaxe e gastronomía, nada que ver entón con figuras institucionais tentadas por fachendear e sacar proveito mediático. Que poida haber “enchufe” nalgún caso, tal vez. Tamén se pode cuestionar o recurso a esa arte de pesca que actualmente non se practica para “escenificala” diante das cámaras; inclínome a pensar que o equipo do programa buscaba un recurso visual que representara o traballo vencellado ao mundo do mar e á cultura mariñeira. Sinto non poder aportar ningunha alternativa por descoñecemento doutras artes de pesca.

    • A veces na vida falase sen coñecemento de causa.
      Eu como parte implicada e organizadora da rapeta botada en Marín quero primeiramente decir que o peixe que saiu foi todo collido coa rapeta, ningun barco como se dí neste comentario truxo ningun peixe.
      E ben certo que era pouco polas causas meteoroloxicas que se deron (vento do norte igual a augas frias y atraca pouco peixe na costa e marea chea)
      Si é un arte que hoxe en día esta prohibido, pero nos anos 40, 50 doulle de comer a moita xente da comarca.
      Así que só pido, cando se fale se fale con coñecemento e repeto. O programa non ía sobre se se pescaba mais ou menos trataba de explicar como traballaba un arte ancestro.
      Paravens para todos, e ogalla derase este tipo de progamas mas a menudo para conocer culturas que por desgracia quedaron no olvido.

      • Saúdos, señor “Fígaro”. Agradézolle que visitara o blogue do Pornedo. Verá, o seu comentario chega con case dous anos de retraso e a estas alturas xa está un tanto fóra de contexto, por máis que o escrito, escrito está e aquí queda constancia de todo o que se publica. A alusión de BreaSeixo á participación do agora ex-alcalde nese programa de televisión estaba cargada de ironía. Porque tanto BreaSeixo como MontePituco “sufrimos”, entre a resignación e a rebeldía, o paso de F. Veiga polo Goberno local de Marín. Pódolle asegurar que a opinión de BreaSeixo sobre as artes de pesca é sobradamente autorizada e baseada na experiencia dun xeito moi directo. E xa por último, reiterar que o artigo sobre “Raias e centolas” está feito con moitísimo respecto, como vostede e calquera pode comprobar; en absoluto se valora o funcionamento do sector da pesca, máis que nada, porque este é un blog adicado á defensa do Monte Pornedo, a abordar temas medioambientais, forestais, de patrimonio ou relacionados con Marín; e que só de cando se fan incursións noutros aspectos da actualidade. Saúdos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: