Esta noite de venres, a partir das 22:00 horas, o Instituto de Estudos Miñoranos organiza un roteiro nocturno polos principais elementos que configuran a arte rupestre de Cotobade. O punto de encontro é na Casa de Montes da parroquia de Viascón, onde o arqueólogo Xosé Lois Vilar vai comentar unha proxección sobre a arte rupestre en Galicia. Trala charla, o grupo desprazarase aos petroglifos de Portela da Laxe e Laxe das Coutadas. Esta actividade enmárcase no programa de Xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos, que percorren diversos puntos de Galicia destacados pola riqueza do seu patrimonio arqueolóxico. Recoméndase levar roupa de abrigo, calzado axeitado para camiñar polo monte, unha lanterna, e moitas ganas de gozar da natureza.
Máis información nas seguintes ligazóns:
Deixar unha resposta