Publicado por: MontePituco | 20/08/2010

CORES TOURÍS SOBRE AS DOT

Ás veces os cargos públicos expóñense a preguntas incómodas porque entre como planifican e como actúan, entre o que os seus mandos supremos fan e o que os subordinados din, hai abismos de máis ou menos envergadura. A sociedade percibe as súas incoherencias, as contradiccións propias da especie política. Entón saen ao paso exercendo de xastres: “remendando”, con máis ou menos pericia.

Finca da Aula de Interpretación da Natureza, en Cotorredondo. Venres 20 de agosto, pola mañá. O delegado provincial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, fai unha sentida louvanza do traballo educativo e ambiental deste “importante parque”. Pregunta. Dous puntos: Tendo en conta, pois, a importancia deste centro e do contorno medioambiental no que desenvolve o seu traballo, por que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas exclúe Cotorredondo do catálogo de espazos protexidos das novas Directrices de Ordenación do Territorio?

Resposta. Dous puntos, abrimos comiñas: “Cotorredondo estaba dentro das Directrices, agora non está no novo plan pero hai que dicir que está aberto, está en exposición, e aínda se pode recurrir e se pode ver a posibilidade de volver a poñelo nas Directrices de Ordenación do Territorio. De momento está a exposición todo o plan”.

Puntos suspensivos…

Que “remendo” máis… soso? previsible? incomprensible? inxustificable? Non, se ao final aínda lle imos ter que dar as grazas á Xunta por reducir tan drasticamente a relación de espazos catalogados. Porque, ninguén o sabe, pero no fondo das súas verdadeiras intencións atópase o feito de comprobar se os galegos e galegas estamos atentos e atentas ao que o Goberno autonómico lexisla. Póñennos a proba e protexen espazos de menos adrede para que os cidadáns, que non temos nada mellor que facer, esteamos alerta e tomemos a iniciativa de presentar alegacións. É unha especie de ximnasia socio-política que nos poñen subrepticiamente, para que exerzamos os nosos dereitos democráticos e non adormezamos na póla. E velaí está Cores Tourís para lembrarnos que calquera persoa ou colectivo pode demandar que Cotorredondo, os Montes do Morrazo, a illa de Tambo e todas esas paraxes “esquecidas” no listado da DOT, poden optar a unha especie de “repesca”. Ejem. Corramos un tupido veo.

O caso é que a Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra contratou unha cuadrilla de cinco persoas -capataz e catro peóns- para facer tarefas de limpeza e desbroce da área recreativa de Cotorredondo. Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común comentan que esta medida adoptouse logo das queixas expostas pola Comunidade de Montes de Vilaboa ante o mal estado de conservación dese contorno, pola abundante maleza acumulada. Acción-Reacción. A Delegacción Territorial asinou un convenio coa Fundación Obra Social La Caixa para os próximos catro meses e medio, de xeito que sexan persoas en risco de exclusión social e laboral as que realicen este traballo de adecentamento da zona, recollida de lixo, reparación dos muros perimetrais do parque e sinalización dos roteiros turísticos.

O investimento acada os 72.000 euros para pór a punto estas 30 hectáreas de terreo que, segundo a nota informativa da Xunta, van “permitir que o Lago de Castiñeiras siga a ser un lugar de ocio para todos os galegos”. A ver se é verdade. Por iso, e seguindo os sabios consellos de Cores Tourís a respecto das alegacións ás DOT, berramos alto e claro: PROTECCIÓN INTEGRAL PARA OS MONTES DO MORRAZO (aos que pertencen o Monte Pituco (Pornedo) e Cotorredondo).

Post-data. Dous puntos: Ademais deste convenio para a limpeza da área recreativa de Cotorredondo, haberá outras tres cuadrillas facendo traballos similares no Monte Aloia (Tui), na Fraga de Catasós (Lalín) e nas inmediacións do río Tea (Ponteareas).


Responses

  1. A min non me chega. Non me chega con que teñamos que ser os veciños os que aleguemos para que Cotorredondo siga protexido.
    Eu pido que dimitan os planificadores que tiveron a “pericia” de facer unhas Dot onde Cotorredondo non é a seu xuicio un lugar que precise proteccion.
    Deixémonos de alegacións. Non temos tempo que perder vixiando estes erros de bulto da administración. Qué tipo de profesionales están na Xunta ¡


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: