Publicado por: MontePituco | 23/08/2010

AS COMUNIDADES DE MONTES SOBRE AS DOT

Cando os concellos, as entidades ecoloxistas, os colectivos sociais e veciñais e as organizacións sectoriais critican con tanta unanimidade unha acción política, temos que concluir que esa acción política non vai por bo camiño. Cando un representante desa mesma Administración que a promove incita a cidadanía a obxectar, a intervir na corrección desa acción política, a conclusión é que a Administración errou no seu deseño. A Comisión Permanente da Xunta Rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común reuniuse para analizar o documento provisional das Directrices de Ordenación do Territorio, ante o que tamén vai formular alegacións. A continuación, os argumentos da Organización Galega de Comunidades de Montes, que agardamos que secunden as mancomunidades, na defensa do monte veciñal.

“A modo de resumo, destacamos como un gravísimo erro o non contemplar un Plano de Ordenación do Medio Rural, onde se incluísen directrices en materia urbanística á hora de xestionar o urbanismo en relación coas zonas forestais, como distancias e Lei de Incendios. Asemade, a Ordenación dos Usos da Terra (agro, gando, protección, patrimonio…) e a Valorización dos Montes, tanto particulares como veciñais en man común (titularidades comunitarias).

Esas Directrices teñen ambigüedades e contradiccións coa Consellería do Medio Rural, ignorando como algo moi importante a existencia de máis de 650.000 hectáreas de monte veciñal, ao non citalos. Ademais, cando dito texto trata de que “hai que protexer o patrimonio natural, cultural e paisaxístico, así como o sistema rural como sinais de identidade de Galicia”, pouco se pode protexer cando non se reciben axudas, cando non se fomenta a silvicultura ou a prevención de incendios, e cando non se priorizan especies rendibles.

As Directrices de Ordenación do Territorio tratan da calidade ambiental e da conservación dos sistemas naturais como demandas sociais, cando non se adica esforzo ningún a elo. Resulta paradóxico que contemplen oito planos sectoriais con directrices (áreas empresariais, acuicultura en terra, actividades extractivas, produción e distribución de enerxía, xestión de residuos sólidos, portos deportivos, saneamento das rías e redes viarias) e non se dicte ningún plano sectorial para o medio rural, cando curiosamente catro deles teñen incidencia sobre os montes veciñais en mán común.

Nun documento de máis de 500 páxinas, o monte veciñal é citado unha soa vez, cando di que “hai que proceder a inventariar os montes públicos e os veciñais en man común”, indicando cal é o interese. Dende a OGCMVMC observamos unha absoluta descoordinación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Consellería de Medio Rural, á hora de planificar o territorio, sobor de todo en políticas conxuntas que permitar valorizar o medio rural e rematar coa lacra dos incendios forestais, que teñen no abandono actual unha canle importante de propagación”.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: