Publicado por: MontePituco | 18/08/2010

O CONCELLO SOBRE AS DOT

Entre o mal redactada que está a proposta de alegacións, a falta de concreción a respecto dos puntos do documento das Directrices de Ordenación do Territorio aos que alega, e a omisión do espazo no que o Concello demanda a instalación da plataforma loxística e do polígono empresarial supramunicipal, estes papeis son firmes candidatos a ensaios de papiroflexia. E por pedir, xa postos, que engadan tamén na carta aos Reis Magos un heliporto, un parque de atraccións, un centro comercial, unha réplica de Silicon Valley, unha pista de despegue e aterraxe de cohetes e transbordadores espaciais…

O que DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) non lle perdoa ao Concello é a petición de que se “redimensione” os Montes do Morrazo.

Señoras e señores do Goberno local e da Corporación municipal por extensión: o Monte Pituco, ou Pornedo, pertence aos Montes do Morrazo. Non hai ningunha fronteira física nin política que o poida aillar dese conxunto xeográfico. O propio proxecto de PXOM do Concello de Marín respecta esta unidade, advirte do rango de protección que pesa sobre o Monte Pituco e ademais expón claramente a alta fraxilidade visual desta zona e da súa capacidade limitante “absoluta” para acoller edificacións de tipo residencial ou industrial. NON MANIPULEN O TERRITORIO AO SEU ANTOLLO. Marín non é un taboleiro de monopoly para que vostedes xoguen a poñer e a quitar o que lles peta. Máis seriedade, máis coherencia e máis sentidiño.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: