Publicado por: MontePituco | 17/08/2010

ALEGACIÓNS ÁS ‘DOT’ E CRÍTICAS AO CONCELLO

DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) está a ultimar as alegacións que esta semana vai presentar perante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a respecto das Directrices de Ordenación do Territorio, que se atopan en fase de exposición pública trala súa aprobación inicial o pasado 24 de xuño e posterior publicación no DOG do 30 dese mesmo mes. Alegacións que volven insistir, unha vez máis, nos argumentos xa expostos con motivo das consideracións encol do Plan de Solo Empresarial de Galicia, en marzo deste ano.

Nesta ocasión, reivindicamos que os Montes do Morrazo, aos que pertence o Monte Pituco (Pornedo), figuren no catálogo de espazos protexidos polas actuais Directrices de Ordenación do Territorio, tal e como constaba no anterior documento que elaborara o Goberno bipartito. Aqueloutro listado era moito máis amplo e, no que respecta á bisbarra do Morrazo, incluía: o arquipélago de Ons, a Costa da Vela, Cabo Udra, Cabo Home, Barra, Cotorredondo e os Montes do Morrazo, que abarcaban os concellos de Moaña, Marín e Vilaboa.

O documento que vén de elaborar a Xunta non só reduce drasticamente o número de lugares protexidos en toda Galicia, senón que, no caso de Marín, suprime os espacios inscritos no seu termo municipal, xa que afecta a Cotorredondo e os Montes do Morrazo, que deixan de figurar nesa lista, da que tamén desaparecen Barra e Cabo Home. O único que se mantén é a consideración de Marín como núcleo de identidade litorial.

Precisamente, no pleno deste segundo venres de agosto, presentouse unha moción conxunta dos grupos políticos da Corporación municipal cunha proposta de alegacións ás Directrices de Ordenación do Territorio, entre as que destacan catro cuestións:

“Que se recolla a creación dunha plataforma loxística vinculada ao porto, de xeito que se consiga liberar do espazo portuario aquelas empresas desvinculadas do mesmo e se prevexa a recolocación das mesmas”.

– Ao fío desta última, tamén se plantexa “que se recolla de xeito expreso a creación dun parque empresarial (supramunicipal) que permita a ubicación das empresas que se trasladen do porto e aquelas outras vencelladas a actividades empresariais do termo municipal”.

– Paradoxicamente, outra consideración ten que ver con que “se redimensione e categorice os Montes do Morrazo, segundo se recollían nas Normas Provinciais de 1993, como espazos verdes protexidos”.

“Que se cree unha agrupación dos concellos limítrofes, Deputación e Xunta, para a conservación, mantemento e uso da Illa de Tambo como espazo natural a protexer cada a súa inclusión no Parque Natural das Illas Atlánticas”.

A actuación do Goberno local de Marín segue brillando pola súa falta de coherencia, segue destacando polas súas medidas disparatadas, segue quedando en evidencia pola súa nula visión de futuro a respecto da planificación do urbanismo e segue actuando sen transparencia cando se trata de abordar a dotación de chan industrial.

Por algunha estrana razón, acaso supoñendo erroneamente que os veciños somos parvos, o Concello de Marín non se atreve a poñerlle nome á ubicación desa plataforma loxística nin dese parque empresarial que agora, como por arte de bili-birloque, pide que sexa de ámbito supramunicipal, cando ata hai pouco, bramaba contra a posibilidade de compartir chan industrial con outro concello, argumentando que Marín se bastaba e se sobraba para xestionar un polígono exclusivamente de seu. Alcalde/alcaldesa accidental/concelleiro de urbanismo: Plataforma loxística, onde? No Monte Pituco, onde non hai nin haberá conexión ferroviaria? Parque supramunicipal, onde? A cabalo con Pontevedra, onde a Comunidade de Montes de Lourizán se nega rotundamente a ceder espazo para semellante infraestrutura?

É ben cínico este equipo de goberno de Marín por demandarlle á Xunta que “redimensione e categorice” os Montes do Morrazo. Pero eses eufemismos non nos collen por sorpresa porque xa a finais do ano pasado Francisco Veiga e Xosé María Vilaboa adiantaron, coa arrogancia e a chulería que os caracteriza, que o Concello lle pediría á Consellería de Medio Ambiente a desprotección do Monte Pituco, e por tanto a súa desligazón dos Montes do Morrazo, para que non lle obstaculizara a construción do polígono industrial nese emprazamento. A estas alturas, consumada a ameaza, non deixa de resultar absolutamente incoherente que o Concello de Marín pretenda convencer á Xunta de que os Montes do Morrazo merecen un status de protección natural e, nese mesmo espazo xeográfico, pretenda instalar un mazacote de 40 hectáreas de formigón para sementalo de naves. Cando menos, afirmamos con rotundidade que o Goberno local de Marín discrimina o Monte Pituco (Pornedo) e a parroquia de San Xulián por querer excluir esta zona do ámbito de protección que por dereito lle corresponde.

Acaso o Monte Pituco carece de riqueza ambiental? Acaso o seu patrimonio histórico (petroglifos, mámoas) carece de calidade? Acaso os seus recursos forestais carecen de valor económico? Acaso os mananciais naturais que agroman do solo carecen de veciños e parcelas que se beneficien do seu uso? Acaso a zona carece da “fraxilidade visual e paisaxística” que lle atribúe o propio proxecto do PXOM? Acaso o Monte Pituco (Pornedo) carece da forte pendente que certificou un informe técnico independente? A resposta a todos estes interrogantes é NON, e por iso DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) vai loitar para impedir que o Concello de Marín cometa un agravio e un desprezo a esta parte da vila, por un capricho irracional.

E para colmo dos despropósitos, o Goberno local insta á Xunta a incluir a illa de Tambo no Parque Natural das Illas Atlánticas; proposta moi louvable se non fora porque, dependendo destes políticos ineptos e obtusos, o “balcón” da ría vai camiño de se converter no “patio traseiro” onde irían parar o tráfico pesado e a polución. Dá noxo, arrepío e vergoña imaxinar cal sería a imaxe de Marín que leven os potenciais visitantes de Tambo, os turistas que acudan ao enclave monumental de Combarro e os usuarios da futura liña de transporte marítimo que se vai habilitar ata o peirao das Corbaceiras: unha fachada litoral esnaquizada polos inmensos taludes que habería que facer para salvar o desnivel do terreo, polo fume saíndo das chemineas, polo trasego circulatorio dos camións

Por todos estes motivos, dende DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) facemos un chamamento á solidariedade e á sensibilización da veciñanza de Marín, de toda a bisbarra do Morrazo e dos concellos da ría ante esta seria problemática. E alertamos os colectivos sociais e ambientais para que aleguen canto antes ás DOT en demanda de protección integral para os Montes do Morrazo. Moitas grazas pola atención.


Responses

  1. O da Illa de Tambo debe ser para compensar e limpar a súa conciencia. O que é triste é que nin un só se decatara de que é o Parque NACIONAL das Illas Atlánticas! Non deben saber a diferenza entre Parque Natural e Parque Nacional… Ou igual algún a sabe, pero ese día andaban a outra cousa…

    • O de “Parque Natural” consta así no documento orixinal. Evidentemente, chámase Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Pero é a penas un detalle nun documento de alegacións que non hai por onde collelo, entre o mal escrito que está e a ambigüidade coa que plantexa as observacións. Unha chapuza.

  2. Bueno, triste é todo! Moi triste!
    Dálles igual que todo sexan argumentos en contra!
    Para eles gobernar e iso: facer o que eles queren!
    Dálles igual que o único argumento a favor é que Marín gañaría uns metros cadrados de chan industrial a 5 minutos do centro… que nuns poucos anos serían insuficientes a terían que buscar outro lugar.
    Ese polígono NON SOLUCIONA NADA!
    NON A UN POLÍGONO A CALQUERA PREZO:
    DESTRUCCIÓN MEDIOAMBIENTAL, DESTRUCCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO, DESTRUCCIÓN DA RIQUEZA PAISAXÍSTICA…
    ESTA XENTE NON LLE QUERE A MARÍN!

    • Este é o ínfimo nivel da clase política de Marín. Síntoo, Lukas, polo esforzo que lle tes adicado a planificar a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Mais non nos resignemos a pensar que está todo perdido. Non nos crucemos de brazos agardando a que destrúan esta zona por capricho e sen o máis mínimo criterio. Se non houbera argumentos, habería que aceptar o proxecto industrial como viñera. Pero estamos cargados de motivos en contra de semellante desfeita: o desnivel do terreo, o patrimonio arqueolóxico, a riqueza forestal, o valor paisaxístico da zona, os recursos hídricos, a fraxilidade visual do espazo… Adiante, todos unidos, os colectivos a prol da conservación deste monte e a prol do seu aproveitamento como espazo para a cultura, o medio ambiente e o lecer. Ánimo!

  3. Xenial traballo Monte Pituco.
    Ogallá tenhas éxito ¡
    Por certo insisto en que se limpe a zona de descanso do Monte Pituco, sitio ideal para unha agradable conversa. Grazas e ánimo ¡

    • Ogallá o teu desexo se faga realidade. No da limpeza desa zona tes razón: ultimamente certa xente descubriu que é un lugar fresco e fantástico para ir de botellón, de merendola e de farra, pero deixan tirados desperdicios, botellas… En dúas palabras, mala educación. Todo ese lixo é recente, mais nin o Concello, nin a Comunidade de Montes de San Xulián fan por botarlle unha a man. Para non variar, teremos os veciños que protestar ou limpar pola nosa conta. Estánsenos acumulando as misións: a defensa do monte, a eliminación dos verquidos incontrolados, agora a limpeza deste espazo… Pouco a pouco, seguimos traballando.
      Grazas por visitar o blogue. Compárteo e difúndeo para que a causa chegue máis lonxe, a máis xente. Avante!

  4. Comparto todas vuestras preocupaciones. No tireis la toalla porque esta batalla la vais a ganar. Te preguntas Montepituco dónde debería ir instalado el parque empresarial de Marín. Yo lo tengo claro desde el principio: en Pastoriza. Este gobierno municipal, por mucho que lo intente, no va a poder iniciar ese proyecto en vuestra zona. Aún hoy no ha enviado a la Xunta el PXOM -lo cual es un descaro y una tomadura de pelo-. En Santiago desconocen de qué va, por lo tanto no han tenido ocasión de rechazar el proyecto industrial en Monte Pituco (que lo harán), sencillamente porque no tienen información aunque si conocimiento. Han enviado el borrador a Costas el 17 de julio y agosto es inhábil en la Administración. Costas tiene un mes para dar una respuesta (lo probable es que pida una prórroga) y la Xunta tiene tres meses para emitir su informe una vez haya recibido el PXOM. Entre dimes y diretes nos pondremos a finales de año. En 2011 hay elecciones y lo más probable es que este gobierno no vuelva a repetir. Estas son mis cábalas y creo que no estoy desacertado.

    Mucho ánimo y a seguir insistiendo

    • Muchas gracias por tu mensaje, Erasmo. Nos anima, pero a la vez nos hace seguir en guardia. Todas las antenas son pocas para no perder detalle de las medidas que adopta el Gobierno local para consumar sus planes. Primero el PXOM, luego el Plan de Suelo Empresarial, ahora las Directrices de Ordenación del Territorio. No resulta nada alentador que la Xunta le retire a los Montes do Morrazo el rango de protección que tenía hasta ahora, lo que beneficia al Concello. Pero seguimos con la toalla liada al cuello y sudando la camiseta. Tenemos muchos motivos y muchos argumentos para seguir incordiando al Ayuntamiento, a la Comunidad de Montes y cuantos insisten en cometer este error de consecuencias irreversibles. No te digo que confíe en tus cábalas, pero quisiera creer que tu experiencia y tu influencia son puntos a nuestro favor. La pre-campaña y la campaña electoral van a ser un reto importante para Defende o Monte Pituco (Pornedo) y también para los promotores del proyecto de creación del Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Ojalá podamos celebrar, más pronto que tarde, la materialización de esta ruta, la puesta en valor de este entorno precioso y la conservación del Monte Pituco.
      Re-gracias.

  5. En primeiro lugar dicir NON ao polígono industrial no Pornedo e en segundo lugar preguntar fan falla máis polígonos industriais abandonados e vacios? Non caiamos na trampa de ter que dar nós opcións para construir un polígono industrial en Marín cando existen outros ao noso arredor que non están cheos e que poderían dar un bo servizo a aquelas empresas que decidan instalarse neles.
    Non propoñamos como alternativa Pastoriza, alí tamén hai veciños/as, alí a riqueza natural é tan ou máis importante que a do Pornedo, non ten tanto impacto visual mais iso non é excusa para facelo alí. Haberá que facer un día un roteiro pola zona para que descubrades canto se pode perder de construir alí un polígono.
    Lembra o artigo do xornal no que deixaches unha opinión: http://www.xornal.com/artigo/2010/04/26/galicia/galicia-ten-mais-poligonos-solo-libre-preve-construir-outros/2010042600100200583.html
    Non caiamos no xogo dos políticos, que primeiro proxectan instalar moitos polígonos logo miran a reacción da veciñanza e como se enfrontan entre eles, dicindo aquí non alí si, iso é caír no egoismo precisamente a súa arma.
    Polígono industrial no Pornedo mais na Pastoriza tampouco.

    • Grazas pola túa mensaxe, Fran. O debate é interesante, e moi complexo. Somos os primeiros en admitir que unha infraestrutura dese tipo causa moito impacto, sexa onde sexa. Dende logo, tanto Pastoriza como o Pornedo están nos Montes do Morrazo, ámbolos dous espazos merecen protección. A cuestión que plantexas lémbrame un coloquio que se celebrou en Almuinha, no que participantes como Luita Verde ou o Colectivo Nacionalista de Marín expresábanse nese sentido. Velaí están artigos como que apuntamos no seu momento, en Xornal de Galicia, para demostrar que Galicia está sementada de chairas formigonadas e acribilladas de naves baleiras e solares ermos agardando por empresas que se instalen aí. Vivimos no país do localismo, fomentado polos partidos políticos e o debate artificial que xeran para marear a veciñanza. Marín non é alleo a esa polémica estéril. Basta ollar ao noso redor: Castiñeiras en Bueu, Fragamoireira en Poio, o de Barro-Meis creado pola Deputación, O Campiño en Pontevedra coa ampliación cara a Ponte Caldelas… hai chan industrial a punta e pala. E a esto súmase o debate a respecto da plataforma loxística pola que pugnan Marín e Pontevedra, que motivou varias agarradas nalgún pleno. En Pontevedra o Goberno local tira pola zona de Leborei, mentres que o PP apunta a Tomeza. E Marín non quere quedar atrás, por iso apunta insistentemente ao Pornedo, ou Pituco, logo de descartar outras opcións que contaron cunha forte oposición veciñal que rexeitaban a creación daqueles micropolígonos ou miniparques.
      Non temos ningunha bola de cristal, pero todos os partidos con representación, absolutamente todos sen excepción, van levar no seu programa para as próximas eleccións, como veñen facendo cada catro anos, a proposta de instalar un polígono en Marín. Non intentes convencelos do contrario, non intentes facerlles ver que hai chan industrial dispoñible no noso contorno próximo. Ou inténtao, pero fracasarás, como fracasamos nós nos poucos contactos que puidemos manter cos grupos municipais, agás o socialista, que nunca contestou as nosas peticións, por non falar do alcalde, que se negou rotundamente a recibirnos. A dotación dun polígono industrial para Marín é unha arma política. Os aspirantes a dirixir este Concello non queren pensar en termos de sustentabilidade ambiental, de xestión racional do territorio. Só arelan colgar no seu peito a medalla de lograren ese investimento para Marín, sen importarlles as consecuencias para os veciños afectados, para o medio ambiente ou para o patrimonio. Só pensan no rédito político, na chuvia de euros que lles reporta o investimento da Xunta e o demais xa se irá improvisando: se hai empresas que se instalen, mellor para eles, porque conseguirán engrosar as arcas municipais, e se non, aí queda feito o armatoste. E a todo esto, a Comunidade de Montes de turno, encantada da vida. Non hai máis que ver a de San Xulián, a hipocresía que gasta o seu presidente e o interés económico descarado que demostra o vicepresidente. Estamos ante unha comunidade montes á que lle importa “unha merda”, falando en prata, o aproveitamento sustentable dos recursos forestais, a revalorización do patrimonio e a diversificación dos recursos naturais como fonte de ingresos.
      En resume, temos entre mans a defensa do Monte Pornedo fronte a ameaza real do polígono industrial/porto seco, atopámonos con que é unha zona que está nun estado de deterioro fomentado pola falta de interese dos comuneiros (verquidos incontrolados, espazos de lecer abandoados, petroglifos e mámoas que adolecen do máis mínimo tratamento, zonas convertidas en pistas de motorismo, eucaliptización). E fronte a iso, e con todos os argumentos ao noso favor, imos pelexar por ir conquerindo obxectivos. Tamén, como non, sen perder de vista o futuro de Pastoriza.

  6. Entiendo tu preocupación, estimado Fran. El motivo de por qué he empezado a escribir en los foros de internet que hay en Marín se debe precisamente a mi preocupación por el futuro de Marín y, sobre todo, por el de las generaciones jóvenes para que no tengan que marcharse de su pueblo porque no tienen oportunidades de trabajo. Comencé en el blog de Breaseixo defendiendo la inutilidad y la aberración de un polígono industrial en A Brea. Después conecté en marinenses.com donde escribí bastante sobre todo esto con argumentos muy sólidos de porqué Marín necesita un polígono industrial en condiciones y con perspectivas para 25 ó 30 años. No voy a repetir aquí mis argumentos porque ya están escritos pero, por resumir, te diré varias razones:

    1º No se le pueden poner puertas al campo y si queremos que Marín prospere tenemos que dar facilidades a los emprendedores, tanto de Marín como de fuera para que puedan instalar sus proyectos en nuestra comarca.

    2º Marín no es cualquier pueblo de Galicia. Es un pueblo importante. Desde el punto de vista empresarial, el más importante de la Península del Morrazo. Si queremos seguir siendo un pueblo que prospere hay que mantener este principio claro. Si no lo tenemos claro, estamos hablando de otra cosa.

    3º El Puerto es un motor económico vital no solo para Marín sino para toda la provincia de Pontevedra e incluso su hinterland llega más allá de Galicia. No olvidemos esta perspectiva porque es fundamental.

    4º No conozco otra manera de hacer una tortilla si no es cascando huevos. El que haya otros polígonos industriales en Galicia sin cubrir es porque en los pueblos donde están instalados no hay la misma iniciativa emprendedora que existe en Marín.

    5º No es incompatible el respeto al medio ambiente con el futuro económico. A veces incluso van de la mano. Evidentemente, la instalación de empresas debe estar sujeta a estrictas normas y respeto a las leyes medioambientales. Esto se puede conseguir, es posible conseguirlo y debe conseguirse.

    6º Pastoriza es, por su ubicación, extensión, comunicaciones y oportunidad, el mejor lugar donde instalar un polígono industrial. Incluso hay informes medioambientales que así lo avalan. El propio PXOM de Marín recoge alguna de estas opiniones favorables. Si las cosas se hacen bien, no tengo ninguna duda de que Marín, su puerto, puede competir perfectamente con el de Vigo. No olvidemos que la pepelera de Ence representa el 30% del movimiento del puerto de Marín y esta empresa tiene sus días contados en la Ría. Habrá que buscar una alternativa y diversificar el movimiento de mercancías en el puerto.

    7º Cuando hablo de un polígono industrial me estoy refiriendo también a su gestión y a sus servicios. Claro que sí. Para chapuzas, no. Hay que pensar en serio y hay que trabajar en serio y mucho para atraer inversión de fuera.

    8º Cuando pienso en un polígono industrial no estoy pensando en una cutrez sino a lo grande. La diversificación de los sectores empresariales es un punto fundamental. No hay que pensar sólo en empresas de construcción o de la piedra o en talleres sino en empresas del sector terciario. No es incompatible el trabajador de mono azul con el trabajador de cuello blanco. Esta es una apreciación muy importante que no podemos descartar.

    9º Un polígono industrial en condiciones aceptables implica riqueza derivada para toda la población. No sólo en empleo sino en recaudación de impuestos para el Ayuntamiento de Marín. Esto redunda en el beneficio de todos porque se pueden hacer más cosas. Dicho de otra manera, hay que buscar sinergias que impliquen asegurar el futuro para las generaciones actuales y las venideras. No es de recibo que la gente joven se tenga que ir a trabajar fuera de Marín. Tambien pienso en el talento de tanta gente joven que estudia sus carreras y no tiene futuro porque no existen empresas que les den trabajo (ingenieros, economistas, biólogos, investigadores, etc). No podemos condenar a las futuras generaciones al ostracismo y a las catacumbas. El progreso no se para y si nosotros no cogemos la ola del desarrollo otros lo harán por nosotros. Y no están tan lejos.

    10º Por el momento me voy a parar aquí. Por favor, si quieres seguir discutiendo sobre esto lee todo lo que he escrito en marinenses.com sobre los polígonos industriales en estos dos últimos años porque da casi para un libro. Cuando lo leas podremos hablar sobre este tema, pero en base a argumentos no a emotividades. Seguro que tanto tú como yo queremos lo mejor para nuestro pueblo. Te diré una cosa. ¿Sabes cuál es la provincia con menos paro de España? Pues es Guipúzcoa, cuyo desempleo no llega al 6%. En Pontevedra rondamos el 17%. ¿Y sabes por qué? Porque todo su desarrollo económico a lo largo de décadas lo han basado en polígonos industriales situados en muchos pueblos de la provincia. Su carácter emprendedor y trabajador ha hecho el resto. Hoy es una de las provincias con mayor renta per cápita, con mayor preparación de su gente y con mayor futuro económico para sus dimensiones territoriales. Te pongo este ejemplo porque por población, tamaño y orografía, Guipúzcoa es la provincia que más se parece a Pontevedra.

    • Grazas pola túa mensaxe, Erasmo. Ampla en argumentación, laboriosa en reflexión. Estaría ben facer do teu comentario un “post” independente para que a opinión que tantas veces plasmaches neses foros virtuais aos que te refires, e dos que nos fixemos eco tamén aquí, volva quedar claramente exposto. Dende logo, admito que en parte nos movemos no terreo das emotividades. Vivimos a carón do Monte Pituco, ou Pornedo, somos os primeiros en perder toda a riqueza que posúe esta zona e que está para ser compartida e disfrutada por toda a cidadanía, non só de Marín, senón de todo o contorno; e somos tamén os primeiros en padecer os perxuizos de ter un macro polígono industrial a carón das nosas casas e das nosas parcelas. Pero dito esto que nos sae do corazón, tamén nos armamos de argumentos obxectivos, técnicos e normativos, para defender a conservación deste lugar. Somos realistas tamén: o debate sobre a dotación dun polígono industrial leva moitos anos sobre a mesa e a maioría social aposta por implantar unha infraestrutura dese tipo na nosa vila. Por aí vai tamén a intención do Goberno autonómico. E, respectando todas as opinións, non podemos menos que defender a nosa. De levarse a cabo esa actuación, se non queda outro remedio, que polo menos sexa no espazo onde menos impacto produza e onde mellores perspectivas teña de favorecer os intereses da vila. Pouco máis podemos apuntar, dentro do razoable.
      Un saúdo a tod@s e grazas por participar.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: