Publicado por: MontePituco | 13/08/2010

LUME=MORTE

“O pleno do Concello de Fornelos expresa as súas condolencias e solidariedade cos familiares dos traballadores falecidos e con todos os brigadistas que arriscan as súas vidas diariamente na loita contra os incendios forestais. Ante este luctuoso suceso, o Concello declara loito oficial hoxe e os días 14, 15 e 16 de agosto durante os cales a bandeira de Fornelos permanecerá izada a media asta e cun crespón negro. Asimesmo, recordamos a todos os cidadáns que a mellor forma de evitar que estes sucesos lutuosos se repitan é adoptar medidas preventivas colaborando na limpeza de maleza en fincas particulares e montes comunais”.

Esta foi a declaración institucional lida no Concello de Fornelos de Montes a raíz do falecemento dos traballadores da brigada de extinción de incendios Julio Martínez Da Silva, de 27 anos, de Tomiño, e Rodrigo Amo González, de 35 anos, de Nigrán.

Ogallá non haxa que pasar por este mal trago en ningures. Ogallá que tralo incendio do Monte Sobareiro, en Loira, Marín se libre no que resta de verán do lume forestal. Ogallá que, pese ao mal estado no que se atopan os nosos montes, cheos de maleza, como case todos en xeral na provincia e no resto de Galicia, non avancen moito máis as lapas. Cabe seguirse preguntando que extraña clase de mutación irreversible, de tara xenética, de maldade crónica ou de ignorancia endémica é a que leva a certos galegos e galegas a provocar que o monte arda, que lle morra toda a vida vexetal e animal que o habita.

Que clase de violencia se practica, verán tras verán, contra o monte, por que tanto desprezo contra un espazo que nos ofrece tanto a cambio dun pouco respecto: osíxeno, biodiversidade, auga, madeira, patrimonio, paisaxe, emprego, riqueza. Cómpre dalgún xeito unha revolución, un movemento social imparable de defensa dos montes, que acurrale os pirómanos, os contaminadores e os agresores. Que poña en valor todos os seus recursos. O abandono só trae perigo e, como no caso de Fornelos, desgraza natural e humana, terra fumegante e cinsas, bágoas e ausencias.

Dende o alto do Monte Pituco (Pornedo), solidariedade. E esperanza…


Responses

  1. […] -Incendio, con resultado mortal, en Fornelos de Montes, 13 de agosto de 2010: Lume=morte […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: