Publicado por: MontePituco | 02/08/2010

PAPAR TOXOS E FENTOS

Etimoloxía. Historia. Arqueoloxía. Paisaxe. Xeografía. Investigación. Cultura. Riqueza. Identidade. Coñecemento… Estamos na Casa Forestal Social As Canteiras, en Noalla, Sanxenxo. Sorpréndeme a extraordinaria afluencia de público: comuneiros veteranos e xente nova da zona, profesionais da docencia, do xornalismo. Escoitamos con moita atención a Manuel Gago mentres nos conta as súas andanzas polos montes galegos, “papando toxos e fentos”, tecendo o relato das Repúblicas dos Homes Libres.  

A historia agroma a partir da Alta Idade Media en Galicia e pretende esculcar nas nosas montañas os rastros dunha civilización que vivía pendente do horizonte: castro-castelo-capela… Nun tempo axitado e convulso no que tal vez a mellor defensa non fora un bo ataque, senón un recinto amurallado en condicións. Nun tempo de invasións e de estratexias defensivas: dende o Monte Aloia ata a Fortaleza do Galiñeiro, pasando por Castro Valente, do Castelo de Luania ata o de Portomeiro. O mapa está inzado de rastros de pedras desmoroadas, trazas chamativas no terreo e formas xeolóxicas que non están aí de xeito azaroso. Son signos dun pasado ignoto.  

  

  

Percorro o Pornedo, Sete Camiños e máis alá, por carreiros propios e estranos, entre gravados rupestres e penedos de formas suxerentes que me falan nunha linguaxe que non comprendo. Intento deter as agullas do reloxo político arelando que a cobiza que porfía por arrasar con terra, auga e aire se conxele no limbo da crise. Para, mentres, procurar aliados que me asistan na ardua labor de descifrar eses códigos descoñecidos. 
 
Teño respecto e envexa polos comuneiros de Noalla, todo o sensibles e receptivos que non son os seus homólogos a este lado do monte apache. E admiración polo equipo do proxecto arqueolóxico d’A Lanzada, indagando máis e mellor. Aquí quedan moitos toxos e fentos por papar, penedos e valos por descubrir, mentalidades pechas por airear. Que arduo traballo. 
NA WEB DE MANUEL GAGO.  
  
ARTIGO DE XOSÉ GAGO NO XORNAL GALICIA HOXE

 


Respostas

  1. […] LER O ARTIGO SOBRE MANUEL GAGO: “PAPAR TOXOS E FENTOS“ […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: