Continúan a celebrarse as charlas divulgativas no marco do proxecto de excavación e musealización do castro da Lanzada, en Sanxenxo. Un proxecto que admiramos, e do que se ocupan o equipo arqueolóxico da Deputación de Pontevedra e o Laboratorio de Patrimonio do CSIC. Ademais destas charlas, que se celebran en colaboración coa Comunidade de Montes de Noalla (parabéns aos comuneiros por apoiaren esta iniciativa a prol da Historia, do Patrimonio e da Cultura), ata o 31 de setembro realízanse visitas guiadas de luns a ventes, ás 13:00 horas.
Publicado por: MontePituco | 29/07/2010
HOXE EN A LANZADA
Publicado en Xeral, Xuntanzas | Etiquetas: Cultura, Patrimonio rupestre
Deixar unha resposta