Publicado por: MontePituco | 26/07/2010

…PRIVATIZACIÓN DO MONTE?

A xunta rectora da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común vén de elaborar as súas enmendas ao borrador do decreto que regulará as Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) e vaillas trasladar tanto aos voceiros dos grupos parlamentarios galegos como ao Consello Forestal de Galicia. Estas enmendas van, fundamentalmente, en dúas liñas: que o texto que se vaia aprobar recolla claramente que os montes veciñais en man común non poden ser obxecto de xestión mediante sociedade mercantil, e que non se priorice ata o 100% as axudas e subvencións a estas sociedades mercantís en detrimento doutras, como comunidades de montes, cooperativas ou asociacións de propietarios.

Nunha xuntanza que mantiveron este pasado fin de semana, os representantes da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común avaliaron o borrador do decreto das SOFOR, nas que se integrarían propietarios de montes xunto con inversores privados, constituindo sociedades mercantís (SL) co obxectivo de obter un monte produtivo.

Dende a Organización Galega destacan que ese texto recolle de modo “marxinal” a función social e ambiental do monte, “polo que a orientación do decreto iría cara a unha produción de especies de crecemento rápido e cultivos enerxéticos, nunha estratexia avaliada tanto polo Goberno galego, como por intereses de certas industrias e tamén algunhas asociacións de propietarios”.

“Aínda que, de entrada, afectaría a propietarios particulares, deixa a porta aberta a aplicar ese modelo tamén aos montes veciñáis, conquerindo con elo a privatización dos mesmos e dando entrada a capital privado, facéndose cargo da xestión e tomas de decisión, coa vista posta nunha pura explotación forestal produtivista, na que estarían interesadas empresas do sector. Esta formula conlevaría o abandono dos montes veciñais que non entraran nesas sosciedades”.

Velaí a denuncia da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común, que tamén critica a a futura Lei de Montes Veciñais de Galicia. A xunta rectora considera “paradóxico” que se introduzan alteracións no réxime xurídico dos montes veciñais para dotalos de personalidade xurídica, en lugar da capacidade xurídica actual, “o que consumaría definitivamente a porta á privatización”.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: