Publicado por: MontePituco | 24/07/2010

GALICIA: TERRA, MAR E AIRE

…Cambiamos o punto de vista. Da nosa atalaia, nunha beira da ría, á beira contraria. Dende o Monte Castrove, ollamos a fachada marítima de Marín, co Pituco (Pornedo) e os montes de San Xulián por enriba do porto. Torturamos a nosa imaxinación tratando de visualizar esa perspectiva no hipotético caso de que as máquinas excavadoras, a dinamita e o formigón tiveran arrasado ese espazo natural. E temos o convencemento de que nen Marín, nen Poio, nen ningún outro concello deste litoral, merecen esa desoladora paisaxe de benvida. Por eso cómpre defendernos da irracionalidade política, da avaricia económica, da desmemoria histórica e da desfeita cultural e ambiental que nos ameaza. Por todo, e a pesar de todo, Feliz Día de Galicia.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: