Publicado por: MontePituco | 11/05/2010

MAL-VIDOS

Por norma xeral, todos os visitantes que desexen percorrer o Monte Pituco-Pornedo e adentrarse no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños son “ben-vidos”: veciños e labregos da contorna na procura de estrume ou madeira, paseantes que descobren aquí un lugar de esparcemento relaxante e pracenteiro, admiradores do medio ambiente que atopan fauna e flora silvestre en estado puro, aventureiros e deportistas practicando exercicio físico ao aire libre… Sen embargo, o monte non ten cancelas, non se reserva o dereito de admisión, desgrazadamente nalgúns casos.

…E sofre. Cada vez que algún intruso ousa verter impunemente lixo, restos de obra, materiais contaminantes que lle estorban. Cada vez que os vándalos se reúnen na área recreativa para destrozar o mobiliario desta instalación, para consumir alcohol de máis e traficar con estupefacientes. Cada vez que os pilotos de vehículos motorizados cabalgan aloucadamente sobre pedras de valor incalculable, e alteran a fisonomía do espazo coas rodas das súas máquinas, que unha e outra vez trillan a terra, reducíndoa a pó seco que coa chuvia provoca lameiras que impermeabilizan perigosamente o solo. Cada vez que xente insensible e molesta se comporta no monte dun xeito que non faría na súa propia casa.

Sodes MAL-VIDOS. Porque ademais de crear un dano innecesario e inxustificable, reaccionades de xeito impropio, insultades e menosprezades a quen vos chama a atención de xeito educado e cordial. Sodes MAL-VIDOS. Porque a vosa actitude destrutiva é a antítese dun grande esforzo colectivo por revalorizar o monte e loitar contra a súa destrución. Sodes MAL-VIDOS mentres na vosa cabeza non haxa lugar para o civismo, a cultura e a conciencia social. Ogallá o aire do Monte Pituco-Pornedo, a auga e a paisaxe, vos abran os ollos e as neuronas a un xeito máis racional de entender a relación dos seres humáns coa natureza.


Responses

  1. Estou totalmente de acordo contigo, o outro dia limparon un anaco de monte de Figueirido que esta a carón de Postemirón, e que usan os nosos cativos para xogar incluso os animais para pastar, e xa veu un desalmado (Mal-Vido) a verter restos de escombros de obras.

    Espero que a nova obra que faga se lle desfaga e lle queden os escombros no seu quinteiro.

    Un saúdo dende Postemirón

  2. Ola David, pois éche o que hai. Mágoa non ter cachado a esa persoa, tirarlle unhas fotos para denunciala, ou facer fronte común os veciños para obrigarlle a deixar o monte como estaba. Hai que inculcar colaboración e concienciar á xente de que o monte non é o patio de atrás. Graciñas pola visita e un saúdo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: