Publicado por: MontePituco | 30/03/2010

A VOLTAS CO PORTO SECO (III)

O PP de Pontevedra vén de propoñer un espazo de 70 hectáreas entre Pontevedra e Vilaboa para a instalación dunha plataforma loxística ou porto seco que poida interconectar os portos de Marín, Vigo e Vilagarcía. Na súa exposición, primeiro ante os xornalistas e máis tarde ante os representantes das federacións veciñais e colectivos empresariais, Telmo Martín explicou que este terreo está ben comunicado coa AP9, a N550 e dotaríase dun enlace ferroviario.

De feito, Telmo Martín non fala da instalación de fábricas, senón de empresas “amables” adicadas ao transporte e distribución de mercancías. Amables, en todo caso, son aquelas empresas que xeran emprego, que respectan o medio ambiente e que, a ser posible, pagan a fin de mes aos seus traballadores. Pero desas, ultimamente, non hai moitas. Segundo o PP de Pontevedra, esta iniciativa xeraría 2.000 postos de traballo nunhas 75 naves. Onde? Entre as parroquias de Tomeza e Bértola. Quen non lembra aquel vello conflicto encol da empacadora frustrada en Vilaboa? Neste caso, o proxecto de Telmo Martín -valorado nuns 151 millóns de euros, dos cales 42 sairían dos orzamentos públicos- contempla a creación dun “corredor verde” de 250 mil metros para protexer o cauce do río dos Gafos que discurre por esa zona.

…Pero antes de vender a pel do oso, haino que cazar.

A título informativo, seguen unhas diapositivas da presentación realizada esta mañá. O documento completo, no blog de Telmo Martín.

Xa empezan a xurdir as primeiras valoracións:

O alcalde de Vilaboa recibirá a Telmo Martín o luns para coñecer a proposta polo miúdo, pero xa recoñece que o PXOM, que está pendente de aprobación inicial, contempla o posible uso industrial dunha parcela situada en Bértola.

Será tamén a próxima semana cando o presidente da Autoridade Portuaria e Telmo Martín se reúnan e, posiblemente, visiten a zona. Suárez Costa, que este mes xa visitou o porto seco de Sevilla, valora diversas localizacións na comarca de Pontevedra para a instalación dun porto seco. O Pituco está descartado, insistimos por enésima vez.

E a Cámara de Comercio de Pontevedra tamén parece estar conforme coa proposta, a falta doutras alternativas que se poidan plantexar máis adiante.

Habería que contar tamén coa opinión dos habitantes da zona, tanto de Tomeza como de Bértola. Por alí discorre o río dos Gafos e, malia que o proxecto parece ser que contemplaría unha franxa de protección, cómpre ter en conta os veciños.

Pero voltando ao retrouso… Antes de vender a pel do oso, haino que cazar.


Responses

  1. Non lles chegaba os veciños de Bertola e Figueirido con paso do AVE e a Subestación, que agora tamen veran como lles levan as leiras por catro patacos.

    Como van a facer para que as naves que quedan no outro lado da franxa verde dos gafos accedan o tren e maila N550.

    Bueno haberá que esperar a que poñan todas as cartas enrriba da mesa, non so as boas, senon tamen as malas que seguro que hai algunha.

    Monte Pituco, se non che importa engado unha ligazon desta noticia na nosa paxina http://www.postemiron.es/web

    • …Adiante, comparte a información, faltaría máis.

  2. Tamén Francisco Veiga, o excelso alcalde de Marín fixo a súa valoración no Diario de Pontevedra de hoxe, para decir o seguinte:
    “Me parece una tremenda tontería hablar de zonas logísticas.”.
    veiga opina que o que de verdade necesita o porto é un polígono industrial e este polígono está no Pituco.
    Opina tamén Veiga, e iso é o que me ten a min confundida, é que o mellor sitio para zona logística é precisamente un lugar do que o outro día decía que alí non se podía poñer ningunha empresa porque había que poñer un acuario ou unha zona lúdica.
    Quen entende a Fran Veiga?
    Non sei se minte a propósito ou se de un día para outro lle esquecen as cousas.

    • Pregúntome quen é Francisco Veiga para meter o nariz na xestión da Autoridade Portuaria, por moito cacho que teña este alcalde no Consello de Administración. Se o presidente da Autoridade Portuaria rexeita (despois de que hai 10 anos o fixera o seu predecesor no cargo) o Monte Pituco argumentando motivos técnicos tan evidentes como a forte pendente do terreo, a que vén semellante empecinamento.
      Tanta mágoa lle dá que Marín non dispoña dun terreo que reúna as condicións para acoller unha plataforma loxística?
      Que pasa, que se en Marín non pode ser, non pode ser en ningures?
      Acaso hai tanta diferenza entre as infraestruturas necesarias para instalar unha plataforma loxística e as infraestruturas necesarias para a dotación dun polígono industrial?
      Por que, segundo a Autoridade Portuaria, o Pituco é inviable para acoller unha plataforma loxística e, sen embargo, o alcalde insiste en montar aí un polígono industrial?
      Igual o alcalde está pensando nunha nova atracción turística -pioneira, por suposto- para a nosa vila: se Cuenca ten as súas casas colgantes, tan colgantes ou máis poden ser as naves industriais do Monte Pituco, pensará Veiga.
      Alcalde, sentidiño. DEFENDE O MONTE PITUCO!

  3. […] A VOLTAS CO PORTO SECO (III) […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: