Publicado por: MontePituco | 12/02/2010

DEBATE SOBRE O SECTOR FORESTAL EN PONTEAREAS

O Grupo Ecoloxista ADENCO, da bisbarra do Condado, informa da celebración dunha xornada adicada ao sector forestal. Preme “Ler Máis” para ampliar a información.

O MONTE COMO XACEMENTO DE EMPREGO

Hoxe ninguén dubida da importancia dos nosos montes como garantes da calidade de vida dos cidadáns. Representan o ecosistema terrestre de maior importancia e cumpren funcións esenciais nas súas tres variables (económico, social e ambiental) para o mantemento da vida.

As funcións básicas do monte son:

-Función económica: producción de madeira e outros productos forestais.

-Función social: asentamento de poboacións, usos recrativos, usos educacionais e culturais, emprego e promoción de actividades económicas en áreas desfavorecidas.

-Función ambiental ou ecolóxica: regulación do ciclo da auga, freo ós procesos de desertificación e erosión, sumideiro de CO2, salvagarda da biodiversidade de especies forestais, fauna e flora e regulación do intercambio de gases atmosféricos.

Hay que promover a multifuncionalidade do monte e o seu desenvolvemento sostible para ter un territorio conservado. Estas funcións deberán compatibilizarse en función da utilidade e uso dos montes e satisfacer a crecente demanda de servicios forestais, fundamentalmente a través da función ecolóxica do monte.

Os obxetivos do desenvolvemento sostible básanse en dous principios xerais de planificación:

-Dinamizar as zonas rurais a través da valorización dos espazos e productos forestais.

-Aproveitar os recursos forestais garantindo a súa permanencia e renovación.

O sector forestal constitúe una fonte importante de creación de emprego, xa que demanda una considerable cantidade de man de obra, principalmente nas zonas rurais, onde os traballos forestais, que hai que desempeñar en toda xestión dos nosos montes, favorecen o poboamento de ditas áreas e evitan o abandono do campo, xeran rentas ambientais suplementarias, e permiten a conservación e mantemento do entorno e dos espazos naturais.

Na situación actual en que a política agraria comunitaria, enfocada ata agora como política de rentas, demostrou a súa ineficacia como mantedora da poboación no medio rural, a conservación do medio natural preséntase como actividade xeradora de emprego.

As novas políticas de desenvolvemento rural deben incorporar as actividades de conservación do medio natural.

Os traballos que desenvolven as empresas de obras e servicios forestais promoven o desenrolo local sostible e a cohesión social das áreas rurais, ademáis de favorecer a creación de riqueza, a diversificación económica, a xeración de emprego e a fixación de poboación.

SITUACIÓN DO SECTOR FORESTAL

No momento actual estamos pasando dun sector de xornaleiros agrarios nos que a actividade forestal completaba as rendas en épocas de baixa actividade a unha situación na que o traballador desexa unha maior especialización e mellores condicións laborais para aproveitar dunha maneira máis óptima os recursos que nos ofrece o monte.

Dado que o sector forestal en xeral non foi capaz de adaptarse ós tempos e dar resposta a esas expectativas, estámonos quedando sen traballadores. Por outra parte, cada vez en maior medida, a maior demanda de traballadores sitúase no verán asociada a incendios nos momentos de maior actividade en servizos, agricultura e construcción. É dicir, o sector forestal está marcado por unha forte estacionalidade que non beneficia a ninguén.

Deberemos traballar por conseguir unha estabilidade na inversión e emprego do sector forestal. Dentro do obxetivo do emprego entendemos que unha normativa laboral específica e unha regulación das condicións dos traballadores forestais, con instrumentos como convenios colectivos, réxime da seguridade social, estudios e programas de seguridade e saúde, se melloraría en gran medida a situación da man de obra no sector.

Neste contexto, para conseguir estes obxetivos desexados debemos de profundizar acerca da multifuncionalidade do monte. É neste senso onde trataremos os diferentes usos e aproveitamentos do monte que nos aportarán uns valores económicos, sociais e ambientais para sacar maior rentabilidade ós nosos montes, sempre dunha forma sostible.

TEMAS A TRATAR NO FORO-MESA REDONDA

Os temas a tratar neste foro-mesa redonda son:

-Micoloxía (cultivo de cogumelos e especies adaptadas ós nosos montes).

-Productivo madeireiro (selvicultura e tipos de aproveitamentos madeireiros).

-Aproveitamento gandeiro (razas autóctonas de gando como as vacas Cachenas e o porco Celta).

-Producción de madeiras nobles, froita e biomasa (especies arbóreas a empregar así como a selvicultura óptima para elo, aproveitamento de restos de corta para producción de enerxía térmica, eléctrica).

-Ocio e cultura (áreas recreativas, aulas de natureza, rutas de sendeirismo, parques forestais, etc.).

-Aproveitamento ecolóxico (conservación da diversidade de especies de flora e fauna, fundamentais para o mantemento dos ecosistemas forestais como patrimonio ambiental dos nosos montes)

-Alternativas varias (compostaxe de residuos forestais, enerxías renovables como a eólica, biogás, etc.)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: