SINOPSE DO FILME:
“Galeg@s, porque son persoas nas que reborda a sabedoría popular, que representan o espírito do pobo galego, a fala, a retranca, as lendas. Galeg@s, porque son portadores da cultura tradicional, rural e mariñeira, últimos testemuños dese mundo que xa non volverá. Universais, porque son persoas anónimas, que non soen ter a palabra, pero que teñen moito que contar. E son especiais, aquí e mais en Australia. Universais, porque coñeceron unha época de pobreza, de carencias, na que seguen a vivir no presente a maioría dos seres humanos do mundo. Historias do mar porque son persoas do mar, desa cultura mariñeira que moldeou a alma das xentes da nosa costa durante séculos. Esta é unha homenaxe a tod@s eses galeg@s universais, que ninguén coñece, pero que tod@s coñecemos”.
Deixar unha resposta