Publicado por: MontePituco | 10/02/2010

EN MARINENSES.COM

Infórmannos de que no foro Marinenses.com hai un comentario favorable á conservación do Monte Pituco, en resposta ao comunicado do Colectivo Nacionalista alertando dos plans da Xunta para crear a chamada Plataforma Loxística Pontevedra-Marín. Posto que haberá internautas que non vaian acceder a esa páxina, reproducimos o plantexamento de Roberts e, a continuación, a valoración que facemos os promotores de DEFENDE O MONTE PITUCO.

“…Eu xa escoitei falar hai tres anos que a planta de elaborados de Galfrío tiñan pensado recolocala no Pituco, nunha vagoada de dezaoito hetáreas que queda no cortafogos que está por riba da estrada que sube a Figueirido. A zona é estratexia pura, xa que o acuífero proporciónalle auga dabondo, afetando os veciños que queden por baixo de xeito direto. Amais, responde á pregunta que todos tiñamos en mente: ¿pra que contre fixeron, e pra que serve, a vía rápida que se construiu coa disculpa de achegar a xente ás praias locais? Éche certo que hainos que non dan puntada sen fío. Ao igual que a Brea, semella que certas acións industrializadoras pisan e mexan por riba os dereitos dos veciños e da xente humilde dos pobos; e semella que a lóxica e o senso comun está en agonía. Dáme noxo coma zoas con microhabitas coma a Brea e o Pituco bótanse a perder no nome do paro, o desenrolo económico, a necesidade de… Quen, coma min, lle interese a natureza, e coñeza Marín, saberá que estas dúas zoas son das poucas que non están infestadas de eucalito. Dou coma alternativa polo desenrolo económico, o paro, a crise, o medio ambente, que todas estas zoas e mais outras moitas sexan limpadas de este virus chamado eucalito, xerando eisí traballo i economía. Trocariamos miles de pés de eucalito por castaños (coas conseguintes plantacións de cogomelos), maceiras (coas respetivas plantacións de vexetais de cultivo orgánico), noceiras, abeleiras e unha longa chea de proxetos coherentes e serios. Os terreos a dispoñer serían todos aqueles que, por defeto, levan anos sen render labor algunha. A ver si eisí a réxime agraria podería chegar a ser igual que no resto do estado: pra quen nunca traballou na agraria diríalle que tódolos meses que un galego traballa no monte na réxime agraria non lle conta pra o paro, e que consta coma o último da lista do médico nunha urxencia (a non ser que traballe pra a Xunta). Pleno emprego, montes saneados e máis libres de queimas masivas, natureza sostible, creazón de futuro pra os máis cativos. Despídome deixando unha cuestión: de verdade un Concello non chega a ser dono de si ante un atropeio coma este, veña da Xunta, de Vigo ou da Diputación? E si e eisí, cales foron os culpables que asinaron? Bueno, serían dúas cuestións… Menos andar a falar ás agachadas e máis compromiso social, e que non se diga o de xente de Marín tropa do carallo; hai que ir facendo pobo”.

Agradecemento e resposta de DEFENDE O MONTE PITUCO a esta mensaxe.

“Os veciños de Pena, Caeiro, Laxe, Casal, Bravos e outros lugares próximos ao Monte Pituco (Pornedo) que nos opoñemos á construcción dun polígono industrial nesta ubicación, agradecemos esta mensaxe porque reforza os nosos argumentos.

…E máis veciños que se van ter que mobilizar, en Lourizán, no Regueiriño… ante esta clase de rumores. Porque hai absoluta opacidade, cero transparencia. Levamos anos, décadas, coa espada de Damocles enriba e agora é cando lles entra a présa por atar todos os cabos que foron largando de forma subrepticia en todo este tempo.

O paro, a crise económica, a pantasma da emigración e todos eses argumentos que asustan á xente, que crean inquedanza, que xeneran falsas expectativas, están interesadamente verquidos para que a cidadanía aplauda a instalación deste polígono, pisoteando os dereitos dos veciños directamente afectados, aniquilando a calidade de vida que tiñan ata o momento, privándolles dos recursos naturais que lles fornecía o monte (auga, leña), destruindo o patrimonio arqueolóxico existente e creando un impacto ambiental bestial que lle avergoñaría a calquera marinense, a calquera habitante dos concellos cercanos.

…Están moi ben as propostas alternativas que formulas, prezado amigo, para xerar riqueza no monte Pituco, fronte á intención do Goberno local e da Xunta de xustificar a creación de emprego a costa de destruir o único espazo protexido que queda en Marín. Pero vaille con estes argumentos tan encomiables á comunidade de montes de San Xulián, como fixemos nós, e riranse de ti, descalificarante e case te insultarán, como nos fixeron a nós. Quen tiña que dar exemplo e encabezar a oposición ao polígono “en defensa dos nosos montes”, como reza a pancarta que tanto luciron hai poucos meses atrás en Salcedo, pois resulta que son os primeiros interesados. …Agardan embolsar un bo “pico” para presumir de riqueza e lavar a mala conciencia que lles poida quedar, se é que a teñen, apelando á suposta creación de postos de traballo.

E en canto ás preguntas finais que formulas, a resposta é sinxela: a proximidade das eleccións, a patata quente da aprobación do PXOM, o apuro no que se viron inmersos trala sentenza que declara ilegais os recheos do porto de Marín. En conclusión: nula planificación do territorio e nulo diálogo social.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: