Velaquí os petroglifos de Sete Camiños, en Lourizán, a carón do MONTE PITUCO/PORNEDO. Xoán Arco da Vella achéganos esta montaxe audiovisual sobre a riqueza etnográfica desta zona do Morrazo. O Espazo Arqueolóxico de Sete Camiños é un proxecto de Lukas Santiago coa colaboración doutros profesionais da Arqueoloxía. Esta iniciativa conta co apoio da Asociación de Veciños de San Xulián, a parroquia de Lourizán, o colectivo veciñal Heroes do Campo da Porta e a Comunidade de Montes de Salcedo.
Coincidimos con Xoán en que “Galicia é un paraíso arqueolóxico”. Só nesta zona se agrupa un importante complexo rupestre formado polos petroglifos de Piñeiral de Caeiro, Regato dos Buracos, Outeiro e Pornedo, os petroglifos de Sete Camiños e diversas mámoas. Defendamos o patrimonio. É de tod@s.
Deixar unha resposta