Publicado por: MontePituco | 29/01/2010

“…NON IDES ESTAR SOS!”

 

“…Non ides estar sós!”. A frase énchenos de esperanza e de enerxía. Pronunciárona voceiros da Plataforma en Defensa de Praceres na charla que ofreceron sobre a sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegais 300.000 metros cadrados de recheos no Porto de Marín e lles dá a razón aos veciños tras dez anos de batalla legal. Atopamos moitos paralelismos entre este caso e a pretensión do Concello de Marín de instalar un polígono industrial no Monte Pituco. E tal vez, coma a eles, as máis altas instancias xudiciais daríannos a razón se non foramos quen de parar agora esta barbaridade de proxecto. Estragouse o mar, agora loitamos para que non se estrague o monte en balde. Malia todo, somos afortunados: non imos estar sós! Témosvos a todos vós, que cada día sodes uns pouquiños/as máis.


Responses

  1. […] daquela nos traladaban a súa solidariedade, cunhas palabras que resultaron ser proféticas: “Non ides estar sós!“. Tres anos despois, os camiños volven […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: