Publicado por: MontePituco | 16/11/2019

ASÍ FORON AS III XORNADAS DE PATRIMONIO DE SAN XIÁN

MOITAS GRAZAS!

III Xornadas de patrimonio de San Xián, homenaxe a Carlos Paratcha

A Adega A Capeleira quedou pequena para acoller o público que asistiu á barferencia impartida polo doutor de Moraña José Casal e polo arqueólogo Antonio de la Peña

 

Estas xornadas non serían posibles sen a participación do arqueólogo Antonio de la Peña e do doutor José Casal

III Xornadas de patrimonio de San Xián: homenaxe a Carlos Paratcha

Agasallos ás autoras e autores das imaxes máis valoradas no II Certame Fotográfico O balcón da ría. Grazas ao xurado -Francisco Currás e Paulo Troitiño- polo seu esforzo. Parabéns a Antonio Costa, María López, Gloria Bouzón e Ángel González.

III Xornadas de patrimonio de San Xián: homenaxe a Carlos Paratcha

Primeira parada no conxunto rupestre do Pornedo, unha das moitas descubertas do mestre Carlos Paratcha nos montes de San Xián

III Xornadas de patrimonio de San Xián: homenaxe a Carlos Paratcha

Nos petróglifos da Carrasca

III Xornadas de patrimonio de San Xián: homenaxe a Carlos Paratcha

Moitas grazas a tod@s por asistir a estas III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, dedicadas a Carlos Paratcha Vázquez. Grazas aos representantes de colectivos que se achegaron: Irmandade Illa de Tambo, A Forneiriña, Queremos Galego Marín, Memoria Histórica de Marín, o obradoiro de cerámica Alén das Olas, Vaipolorío , A Rula…

16 de novembro

Día Mundial do Patrimonio Cultural

#DiadoPatrimonio #QueSeVexaOPatrimonio

[Continuará…]


Respostas

  1. […] ✨ [Recordando as III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián] […]

  2. […] seus, tocados, coma el, polo marabilloso “mal de pedra”. A Paratcha dedicámoslle as III Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián co arqueólogo Antonio de la Peña e co promotor cultural José Casal; aí quedaron uns modestos […]

  3. […] de San Xián, a vitoria na causa xudicial contra o polígono proxectado no Pornedo, o labor do mestre Carlos Paratcha Vázquez no descubrimento de xacementos arqueolóxicos, a traxectoria do Colectivo Monte Pituco no seu […]

  4. […] en 2019 cando lle dedicamos as III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián á figura de Carlos Miguel Antonio Paratcha Vázquez que, primeiro na sombra, nos acompañou no […]


Deixar un comentario

Categorías