Publicado por: MontePituco | 13/07/2019

SOLPOR DENDE A TORRE DE COTORREDONDO

Tala no Pornedo desde Cotorredondo

Dende a torre de vixiancia forestal de Cotorredondo obsérvase case perfectamente o zarpazo perpetrado pola Comunidade de Montes de San Xulián no arborado do Monte Pituco, coa corta a matarrasa realizada nas últimas semanas. A perspectiva lateral resulta incompleta porque interpóñense as masas de eucalipto que hai nos matos privados, pero o impacto é irrefutable.

Subindo os 80 escalóns que conducen ata o terceiro nivel do miradoiro de Cotorredondo chégase ata un panel informativo cunha foto xa moi gastada polo sol e polas inclemencias meteorolóxicas: toda a paisaxe que se domina visualmente dende as alturas está identificada cos seus topónimos, tanto as illas como os montes das rías de Pontevedra e de Arousa. Entre eses espazos, na dorsal do Morrazo e actuando como corredor ecolóxico, o Monte Pituco (Pornedo), ao carón do parque forestal de Castiñeiras.

Foto do panel informativo da torre de Cotorredondo, co Pituco sinalizado

A torre de Cotorredondo é unha visita obrigada para ter unha ampla perspectiva desta zona das Rías Baixas. A medio camiño entre as rías de Vigo e de Pontevedra, o solpor que se divisa dende estas privilexiadas alturas é un bálsamo reparador co que seguir afrontando -con ilusión e esperanza- a ardua tarefa que representa a defensa do monte, do seu patrimonio natural e cultural, e da paisaxe, malia os atrancos, a incomprensión e as agresións que cometen os que teoricamente deberían ser os seus primeiros valedores.

Vista do Pituco, ao fondo, dende Cotorredondo

Ao fondo, o Monte Pituco, ‘balcón da ría’

Vista da illa de San Simón na ría de Vigo, dende Cotorredondo

San Simón, na ría de Vigo

Vista de Pontesampaio e da desembocadura do río Verdugo dende Cotorredondo

Pontesampaio e a desembocadura do Verdugo

Solpor dende Cotorredondo

Noite sobre a ría de Vigo, dende Cotorredondo

Noite sobre a ría de Vigo

No horizonte, o monte da Curota, visto dende Cotorredondo

No perfil encarnado do horizonte, o monte da Curota


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: