Piñeiros que durante décadas medraron no Monte Pituco (Pornedo) formando un bosque natural, agora xacen no chan, en toradas coas que a comunidade de (des)montes vai facer caixa. Que o arborado é para iso? Pode ser. Pero non todo o arborado cumpre a mesma función; tamén hai patrimonio forestal con valor social e ecolóxico, que permite que agrome herba da que se abastece a veciñanza para o seu gando, ou que -moi importante- sustenta o solo nunha ladeira de gran desnivel coma esta, onde ademais nace un regato que abastece a moitos regantes dos lugares da Bouza, do Caeiro e da Pena. Non todo vale! Esta agresión era innecesaria, mais non para quen quixo cobrar en madeira o que deixa de percibir por termos salvado o ‘balcón da ría’ de converterse nun polígono industrial.
Vista da tala desde a pista de servizo da Variante
Vista da tala dende a pista forestal do Pituco
Deixar unha resposta