Publicado por: MontePituco | 02/07/2019

RÉQUIEM POLO PIÑEIRAL DO MONTE PORNEDO

Piñeiral do Pornedo, in memoriam

Piñeiral do Pornedo, in memoriam

Despídome deste piñeiral querido, onde tantos anos e tantas horas pasei, curioseando entre as herbas, procurando bechos, escudriñando nas pedras, observando as caprichosas formas das cortizas e dos liques, aprendendo a coñecer e a gozar da natureza e da paisaxe.

Despídome deste piñeiral querido co orgullo de ter salvado a terra que sustentaron as súas raíces dun polígono industrial atroz, mais coa inmensa mágoa de non ter nin máis medios nin máis capacidade para evitar unha tala brutal a matarrasa, que só obedece á cobiza e á maldade da comunidade de (des)montes.

Despídome deste piñeiral querido agradecendo a súa sombra, o aroma e o frescor, o son do vento entre as súas pólas, a resina e os froitos da súas piñas, o seu “escuro arume arpado”.

Despídome deste piñeiral querido coa esperanza de que os meus ollos vexan medrar máis piñeiros, máis carballos e máis castiñeiros no ‘balcón da ría’.

 


Respostas

  1. Pero porque se empeñan en destruir un piñeiral que leva tantos anos para facerse.?
    Pero como se pode autorizar esa tala.?
    Podemos unirnos e facer forza.
    Non a TALA do piñeiral

    • A tala xa está practicamente consumada, Carme. Están retirando xa a madeira torada; queda por ver se o terreo queda en boas condicións trala corta, sen pólas secando para acabar representando un risco en caso de lume e, sobre todo, se non se atrancan as canalizacións do rego das Presas, que está na zona afectada. O impacto da corta é visible, o impacto paisaxístico é innegable e o tempo dirá se o solo padece a erosión propia dun lugar con tanta pendente sen as raíces do arborado que o sustentaba. Grazas polo interese.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: