Camiñando por San Xián chamoume a atención unha mata de borraxa ou lingua de boi -en castelán, vivorera- pola cantidade de abellóns que reboaban por ela, chuchando nas flores. De entre os insectos, fixeime nun especialmente grande que semellaba unha pequeno colibrí. «Imposible -pensei. Vale co cambio climático, pero unha especie tropical na Bouza, non pode ser!». Cal foi a miña sorpresa cando Jose Rodrigo Dapena, da Sociedade Galega de Historia Natural, me achega a identificación desta fermosa especie: Esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum).
…Unha marabilla vela por primeira vez, nos camiños do val do Monte Pituco. Sendeiros que percorremos con curiosidade, cos ollos ben abertos, prestando atención aos pequenos detalles que nos brinda a natureza, no seu amplo abano de biodiversidade. Por fenómenos tan ‘simples’ coma este, e por moi ‘normal’ que sexa a presenza da Esfinxe colibrí nesta contorna, ben paga a pena ter salvado o ‘balcón da ría’!
Deixar unha resposta