Publicado por: MontePituco | 21/02/2018

CICLO DE CONFERENCIAS POLOS 30 ANOS DA APDR

Ciclo de conferencias polos 30 anos da APDR

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra xorde a finais de 1987 como resposta á preocupación cidadá pola grave situación de deterioro ambiental que padece o medio natural nesta contorna. Trátase dunha organización ecoloxista plural e aberta a todas as persoas que -independentemente da súa condición e ideoloxía- coincidan no interese pola recuperación e promoción “da maior das riquezas ecolóxicas da nosa bisbarra: a ría e o seu contorno”. Na actualidade a APDR cifra a súa masa social en algo máis de 500 persoas, tendo conquerido un importante respaldo nas súas mobilizacións e gozando do respecto e do recoñecemento dun amplo sector da bisbarra, que considera a APDR unha referencia en materia medioambiental.

Con motivo do 30 aniversario da entidade, hai programado un ciclo de conferencias que se celebrarán entre finais de febreiro e principios de marzo no Teatro Principal.

MÉRCORES 21 DE FEBREIRO

Fundamentos biolóxicos das alteracións dos transvasamentos nas bacías hidrográficas

FERNANDO COBO, Director do Centro de Hidrobioloxía da USC

Presenta Fernando Malvar, da Plataforma para a Defensa do rio Verdugo

Abordarase a problemática dos transvasamentos, un tema de plena actualidade polo pretendido na bacía do río Verdugo. Os transvasamentos provocan variacións bruscas do caudal dos ríos e inciden negativamente sobre a flora e a fauna do ecosistema, ademais de afectar á propia natureza dos ríos.

XOVES 22 DE FEBREIRO

A ILP para a protección do bosque autóctono e a loita contra os lumes forestais

IVÁN PÉREZ BERJANO, Presidente da Mancomunidade de montes de Pontevedra

Presenta Antón Masa, Presidente da APDR

Fronte ao modelo de explotación do monte galego, intensamente forestalista, que aposta pola produción de madeira con pouco valor engadido, con especies alóctonas pirófilas como o eucalipto e o piñeiro (caldo de cultivo dos lumes forestais), a Iniciativa Lexislatura Popular propón a diversificación de usos, a moratoria para a plantación de eucaliptos, e medidas para mitigar os lumes forestais e protexer o patrimonio.

• MÉRCORES 28 DE FEBREIRO

Alternativas económicas ao cultivo de eucalipto

ISABEL VILALBA, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego

Presenta Iván Pérez Berjano, vocal da APDR

Tratarase da necesidade de diversificar os usos do monte, analizando -desde o punto de vista económico e social- aquelas alternativas de maior interese fronte ao monocultivo de eucalipto; este é o uso que prevalece actualmente nos montes galegos e que -mesmo desde o punto de vista económico- semella aportar pouca rendibilidade.

• XOVES 1 DE MARZO

A importancia dos bosques na protección dos humedais

ADOLFO CORDERO, Director do Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva da Uvigo

Presenta Benito Andrade, Vicepresidente da APDR

Os valores ecolóxicos e de reserva da biodiversidade dos humedais están fóra de toda dúbida. Pero, ademais, estes importantes ecosistemas aportan notablesbeneficios ás nosas vidas. Afróntase nesta sesión o estado de conservación das brañas, xunqueiras, e marisma na Galiza e a importancia que os distintos bosques teñen na súa protección.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: