Publicado por: MontePituco | 19/02/2018

RUTA DIURNA POLOS PETROGLIFOS DE AMOEDO (I)

Ruta polos petróglifos de Amoedo, en Pazos de Borbén

Voltamos á ruta dos petróglifos de Amoedo, cinco meses despois da visita nocturna que organizara a Concellaría de Cultura de Pazos de Borbén, co lema “O eco das pedras”. Nesta ocasión, un pequeno grupo de petroglifeir@s propuxémonos descubrir as alfaias desta Senda Arqueolóxica a plena luz do día, aproveitando unha tregua das chuvias: os campos reverdecidos e o son da auga discorrendo en abundancia polos regos foron gratos compañeiros de andaina; todo o contrario das secuelas dos incendios forestais que -tamén neste Concello- arrasaron boa parte do territorio galego neste pasado outono. 

Se ben os numerosos gravados rupestres que puidemos admirar durante o percorrido polos montes de Amoedo non resultaron perxudicados polos lumes, peor sorte correu na parroquia veciña de Borbén o famoso petróglifo das Teixiñas, afectado de xeito irreversible polo efecto da termoclastia: o choque térmico das elevadas temperaturas que acada a pedra e o seu enfriamento posterior provoca a rotura das capas superficiais.

Un cruceiro a carón das vivendas e dos prados de regadío dános a benvida. Comeza a pescuda, ante a ausencia de sinalización clara que -á marxe dos mapas que nos axudan a orientarnos- nos facilite atopar os xacementos…

Ruta polos petróglifos de Amoedo, en Pazos de Borbén

DSC_0670-min

Ruta polos petróglifos de Amoedo, en Pazos de Borbén

Ruta polos petróglifos de Amoedo, Pazos de Borbén

Xacementos arqueolóxicos de Amoedo

Xacementos arqueolóxicos de Amoedo

Petróglifos de Chan da Pía:

Petroglifos de Amoedo: Chan da Pía

Petróglifos das Pozas:

Petróglifos das Pozas, Amoedo

Petróglifos de Carballos das Pozas:

Petróglifos de Carballo das Pozas, Amoedo

Petróglifos da Matanza:

Petróglifos da Matanza, Amoedo

Petróglifos da Matanza, Amoedo

Segundo avanzamos monte adentro, as pegadas do lume íanse intensificando na paisaxe: eucaliptos e piñeiros semellaban esqueletes carbonizados; mais, como boas especies pirófitas, as invasoras de orixe australiano xa comezan a agromar aos poucos meses de ter alentado unha catástrofe ecolóxica e ambiental de dimensións históricas.

Ruta polos petróglifos de Amoedo, Pazos de Borbén

Efectos do lume no arborado autóctono

Mámoas de Monte Espiño:

DSC_0692-min

DSC_0695-min

Cono de violación da mámoa de Monte Espiño nº1

Petróglifos de Monte Espiño:

Ruta polos petróglifos de Amoedo, Pazos de Borbén

Mámoa de Monte Espiño:

Mámoa de Monte Espiño, Amoedo

Petróglifos de Monte Espiño:

Petróglifo de Monte Espiño, Amoedo

Estrutura de pedra disposta lonxitudinalmente que pertence ao Foxo do lobo:

Estrutura pertencente ao Foxo do lobo, Amoedo

Petróglifos de Rego Novo:

[Existe unha publicación asinada por Yolanda Seoane-Veiga, do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento) como resultado dunha prospección arqueolóxica presentada en marzo de 2006 dando conta de achados no monte de Rego Novo, Amoedo]

Petróglifos de Rego Novo, Amoedo

Petróglifos de Masusán:

Petróglifos de Masusán, Amoedo

Petróglifos de Veiguiña Longa ou Rabadeira:

Petróglifos de Veiguiña Longa ou Rabadeira, en Amoedo

Unha parte deste fermoso gravado consta de varias filas de coviñas paralelas, a semellanza dun ábaco ou xogo

Petróglifos de Veiguiña Longa ou Rabadeira, en Amoedo

Petróglifos de Veiguiña Longa ou Rabadeira, en Amoedo

Petróglifos de Veiguiña Longa ou Rabadeira, en Amoedo

Ao carón da figura anterior, varias representacións de círculos concéntricos con coviñas

Ruta polos petróglifos de Amoedo, Pazos de Borbén

A destacar tamén, pola súa singularidade etnográfica, os quilómetros de valados de pedra que dividen as parcelas de monte

Petróglifos de Masusán nº2:

Petróglifo de Masusán

Cruz de Alvedosa:

Cruz de Alvedosa, Amoedo

Petróglifos de Legua Seca:

Petróglifo de Leghua Seca, Amoedo

Petróglifo de Leghua Seca, Amoedo

Petróglifos de Portelos do Coxo:

Petróglifo de Portelos do Coxo, Amoedo

Petróglifo de Portelos do Coxo, Amoedo

Rematamos o itinerario como o comezaramos, a carón dun cruceiro e dun muíño. Como o muíño situado no inicio da ruta, este último tamén tiña desafortunadamente modificada a súa canle orixinal, sustituída por un antiestético tubo de cemento…

Ruta polos petróglifos de Amoedo, Pazos de Borbén

Malia as eivas puntuais no patrimonio etnográfico e a lamentable incidencia dos incendios, a parroquia de Amoedo pode sentirse moi orgullosa dunha riqueza prehistórica que a poboación, a través da Comunidade de Montes, contribuíu a preservar coa creación -en 2014- dun roteiro que recibe numerosas visitas dos afeccionados á cultura, á natureza, o sendeirismo e á práctica deportiva. 

Cinco anos antes, a asociación de veciños xa presentara alegacións ao Planeamento urbanístico de Pazos de Borbén para protexer preto de medio cento de gravados rupestres que daquela foran recentemente descubertos. Dende entón, téñense organizado numerosas accións divulgativas e de promoción deste patrimonio que sitúan Amoedo entre as áreas arqueolóxicas máis destacadas da provincia de Pontevedra e do conxunto de Galicia. 

Plano esquemático de Pazos de Borbén


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: