Publicado por: MontePituco | 16/01/2018

AMIG@S DO BALCÓN DA RÍA (VII)

“Ver un solpor desde o miradoiro do Pornedo é toda unha ledicia, e facelo sabendo que ninguén (a falta de saber se o concello de Marín recorreu a última sentenza contra o polígono industrial) o vai estragar é unha tremenda alegría tanto para a vista como para o espírito”.

Fran Currás (membro da antiga comisión técnica para a posta en marcha do proxecto de creación do Espazo Natural dos Montes do Morrazo, integrante de Queremos Galego Marín e da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo)

Solpor no Pornedo, por Fran Currás

[Moitas grazas a Fran Currás por esta marabillosa fotografía, por compartir connosco o seu talento coa cámara e pola súa sensibilidade e solidariedade co Monte Pornedo. Máis imaxes da súa autoría, a continuación]

Solpor dende o conxunto rupestre do Pornedo, por Fran Currás

Fotografía de Fran Currás, nos petroglifos do Pornedo

Como participar na campaña ‘Amig@s do balcón da ría’?

-Fai unha foto no miradoiro do Pornedo: a paisaxe, a flora ou a fauna da zona, os xacementos arqueolóxicos, unha autofoto, unha foto de grupo…
-Compártea en Facebook etiquetando a Salvador Pornedo ou Salvemos o Monte Pituco (Pornedo) e comentando o momento, recordo ou sensación asociada a esa imaxe.
-Visita o blog do Monte Pituco para ver a túa foto publicada.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: