Publicado por: MontePituco | 23/11/2017

PREVIA DA ‘BARFERENCIA’ DE ANTONIO COSTA

Antonio Costa formou parte da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto Pai Sarmiento adscrito ao Consello Superior de Investigacións Científicas. Tamén foi correspondente do Museo de Pontevedra en Moaña -a súa vila natal- e durante a década de 1970 dedicouse a elaborar a catalogación arqueolóxica do Morrazo. Especialista en arte rupestre e megalítico, investigador e divulgador, actualmente dedícase á reconstitución dixital en 3D dos xacementos da contorna. As Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián de Marín comezarán cunha ‘barferencia’ na Adega A Capeleira de Marín (rúa do Forno, 23) na que explicará en que consiste esta técnica, aplicada aos petróglifos que abundan nos montes da parroquia. Ademais, é un dos integrantes de Anova Terra e preside a Irmandade Illa de Tambo.

Antonio Costa, tomando imaxes dos gravados que procesaría coa técnica da reconstitución 3D

DSC_0599 (2)-minAntonio Costa, tomando imaxes dos gravados que procesaría coa técnica da reconstitución 3D

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: