Antigas corredoiras nas que aínda son visibles as marcas das rodeiras dos carros tradicionais
Na ruta de sendeirismo programada para este sábado como colofón ás Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián non só visitaremos os conxuntos rupestres da Carrasca e Champás, co propósito de dalos a coñecer e reivindicar a conexión destes xacementos co Lago de Castiñeiras a través da ampliación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Na contorna destacan tamén os petróglifos -tamén datados na Idade do Bronce- de Briasco e da Carballeira do Rei. Ao longo do camiño atoparemos tamén varias mostras da arte rupestre moderna que representan os gravados do marinense José Meijón, realizados no pasado século XX.
Vista do conxunto rupestre da Carrasca nº1 coa ría e o arquipélago de Ons no horizonte (foto de Paulo Troitiño)
Polo seu interese etnográfico, na andaina fixarémonos nas corredoiras tradicionais que atravesan os vales e os montes de San Xián, e nas que aínda se poden apreciar as marcas das rodeiras dos antigos carros. Non faltarán, no curso do rego do Lameira, varios muíños: o do Sacristán, coa súa monumental canle e cun cubo en forma de valo; e o de Briasco, que ten un lavadoiro e unha fonte ao seu carón.
No rego do Lameira
Vistas do Monte Pituco (Pornedo) dende o campo de fútbol de San Xián
Deixar unha resposta