Publicado por: MontePituco | 24/10/2017

TRATAMENTO DE SOLOS QUEIMADOS NO CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Sabes esa sensación que che queda cando escoitas falar a alguén e acabas coa impresión de que non ten nin idea do que di, que non se remexe no terreo que pisa, que só saen vaguedades da súa boca, que procesa mal a información… en definitiva, que non está esa persoa feita para o que ten entre mans?

Pois iso pasa coa conselleira de Medio Rural. Desde o respecto, sempre, pero co convencemento de que o posto lle vai grande, que non está preparada para un departamento desta complexidade e que leva moi mal a toma de decisións, de aí a súa ‘ausencia’ notoria e palmaria durante a crise da vaga de lumes do pasado 14 e 15 deste mes.

Hoxe visitaron Ángeles Vázquez e o director de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, onde unha técnica e unha investigadora do departamento de Protección Forestal lles explicaron o que acontece cando os incendios se ceban no terreo: os cinco niveis de “severidade” do lume ata o máis lesivo que mesmo provoca alteracións no color do solo que lle dán tons ocres e alaranxados; e a partir de aí, como cómpre actuar localizando as zonas de risco de erosión, primeiro dende o aire e vía satélite e posteriormente a pé de campo, para aplicar técnicas tan custosas como o famoso mulching a base de cubrir de palla os espazos onde se detecta que é prioritario actuar.

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

20171024_173908-min

20171024_173916-min

Dáse a casualidade de que mesmo antes de que acontecese o peor dos incendios, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán tivera programada para mañá e pasado, 25 e 26 de outubro, unhas xornadas técnicas sobre “Planificación de Tarefas de Rehabilitación Urxente de Áreas Forestais Queimadas“. Virán destacados expertos na materia, como o anterior responsable do Centro de Lourizán, José Antonio Vega, actualmente na Sociedade Española de Ciencias Forestais, que pasa por ser un dos mellores neste ámbito a nivel científico.

Entre a vangarda dos especialistas que temos en Galicia e a ambigüidade dos políticos que están á fronte do Goberno non pode haber semellante abismo. Quizais co propósito de que as empresas forestais non se dean por aludidas, hai que poñer certa cara de póker cando a máxima responsable de Medio Rural contesta no Parlamento que descoñece se unha especie marcadamente pirófita como o eucalipto arde mellor ou peor que outras. Que por favor os científicos llo aclaren, ou que a conviden a esas xornadas técnicas. Mentres non dean o brazo a torcer -ese brazo ‘atado’ polo capital que representan firmas tan poderosas como Ence- seguiremos escoitando e lendo ambigüidades do estilo: “Que é o que podemos plantar ou non nos montes? Pois iso é o que ten que determinar a revisión do Plan Forestal”.

…Dous anos, ou máis, levan a tumbos co Plan Forestal. E mentras, #GaliciaArde #QueimanGalicia #LumesNuncaMais

20171024_175807-min


Respostas

  1. onde son esas charlas sobre os montes queimados


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: