Publicado por: MontePituco | 14/10/2017

PIÑEIROS SERRADOS POLO PÉ

Piñeiro serrado no monte veciñal

Nas nosas andainas polo Pituco volvemos detectar que se corta arborado no monte veciñal de San Xulián. Nesta ocasión, o piñeiro que observamos tallado polo pé atopábase a carón do rego das Presas.

Cómpre que os responsables de velar polo monte tomen medidas para evitar a sustracción de madeira e os danos ao patrimonio forestal da parroquia. Moitas destas accións ilícitas, algunhas das cales xa se puxeron de manifesto nas asembleas de comuneiros, prodúcense en fin de semana, ou a horas nas que non é frecuente a presenza da veciñanza no monte.

Que a Comunidade de Montes se dotara dun vehículo ‘todoterreo’ para acceder aos distintos puntos do territorio comunal está ben, pero o monte vixíase tamén a pé, chegando aos lugares onde non hai pistas nin sendeiros. Máis patear e menos conducir.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: