Publicado por: MontePituco | 10/10/2017

PETROGLIFOS NAS RÚAS DUN POLÍGONO

Descoñezo as circunstancias nas que se produciu a construcción do polígono industrial da Reigosa, en Ponte Caldelas. No caso do Campiño, en Pontevedra, sábese que no ámbito deste parque empresarial hai unha mámoa.

De todos é sabido que a construcción de determinadas infraestruturas causou estragos irreparables no patrimonio prehistórico: no propio Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños a instalación dunha liña de alta tensión en Lourizán fendeu pola metade a mámoa de Catadoiro; ou que no monte de Salcedo o Ministerio de Defensa arrasou a mámoa de Louredo no punto onde antano se ergueu unha aldea afgá para facer exercicios de adestramento militar; ou barbaridades tan grotescas como a que se produciu no Monte do Seixo convertendo un túmulo neolítico nunha rotonda e chantando un muíño eólico a escasos 20 metros…

No contexto da loita que mantemos na Asociación Monte Pituco (Pornedo) para evitar que o ‘balcón da ría’ chegue a ser un páramo de explanadas baleiras e inmensos taludes afectando a área de cautela de varios conxuntos rupestres catalogados -entre outros motivos sólidos que xustifican o rexeitamento a este proxecto-, se acabaramos fracasando no propósito de salvar o monte das gadoupas do Concello, dos especuladores e dos ‘palmeros’ pro-polígono, unha idea como a que callou en Ponte Caldelas para bautizar as rúas do hipotético parque empresarial marinense cos nomes dos xacementos castigados sería un balde de auga fría ao titánico esforzo veciñal por protexer os petróglifos ameazados. Maldita a graza que tería. E ben podían meter por onde lles coubera o rueiro con todos os seus rótulos.

Vaia por diante o fondo aprezo ao labor do historiador e antropólogo Buenaventura Aparicio, por ser quen lle propuxo ao alcalde de Ponte Caldelas a idea -coa mellor das intencións, seguro- de poñerlle nomes de estacións rupestres aos viais de A Reigosa; a mellor das consideracións pola súa ampla e solvente traxectoria profesional e académica, o recoñecemento ao seu firme compromiso coa cultura galega, o agradecemento pola súa valiosa contribución ao coñecemento da nosa historia, do noso patrimonio e das nosas tradicións; a admiración polo seu incansable afán de seguir creando, divulgando e achegando propostas para poñer en valor a arte rupestre galega dentro e fóra das nosas fronteiras.

Afortunadamente, na discrepancia respectuosa e no intercambio de opinións diversas está a base de toda sociedade avanzada. Pero chega a ser no Pornedo, no peor dos escenarios posibles se prosperase a aberración que pretende o Goberno local, e correrían ríos de tinta…

Novo rueiro do polígono d'A Reigosa, en Ponte Caldelas

Faro, 9 outubro 2017

Los petroglifos ponen nombres a las calles del polígono de A Reigosa

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: