Publicado por: MontePituco | 03/10/2017

EN DEFENSA DO TERRITORIO

Lei de Depredación de Galicia

11.000 sinaturas suma xa a petición na plataforma Change.org para amosar o rexeitamento da cidadanía á Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais de Galicia.

Porque na Asociación Monte Pituco levamos dende 2010 impulsando accións a prol da defensa deste espazo natural pertencente aos Montes do Morrazo fronte ás pretensións do Concello de Marín e da Xunta de instalar un polígono industrial no ‘balcón da ría’. Porque a segunda desas batallas resolveuse recentemente ao noso favor cunha SENTENZA FIRME E IRREVOCABLE do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordeando a retirada do proxecto, que se incluíra no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais. Porque ante a maior sensibilización e a maior belixerancia social contra as agresións da Administración autonómica ao medio ambiente e ao patrimonio, o Goberno galego avanza na súa intención de blindarse fronte á oposición cidadá e á acción da Xustiza. Porque se ata agora puidemos pararlle os pés á Xunta na súa pretensión de destruír o Monte Pituco, con esta Lei de Depredación de Galicia as opcións de vitoria serían actualmente mínimas, cando non practicamente nulas. E porque aínda nos queda por derrubar o ataque directo do Concello a través do Planeamento urbanístico, que clasificou o Pituco como solo industrial. Por todo isto e máis, seguimos alerta, seguimos na trincheira.

A continuación, o texto da iniciativa.

O día 17 de outubro de 2017 está prevista a votación no Parlamento Galego da Proposición de Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia, presentada polo Partido Popular e rebautizada polos movementos sociais como “Lei de Depredación de Galiza“.

Con esta lei o PP pretende desregular ámbitos como o eólico, forestal, mineiro, usos hidráulicos, cooperativas, etc. A efectos prácticos sería como modificar de golpe varias leis tratando de eliminar calquera debate público. Supón, ademais, unha ameaza absoluta ao conxunto da poboación que podería verse sometida a un uso abusivo e xeralizado da expropiación para favorecer iniciativas privadas de grandes empresas coa protección do goberno galego. Cunha lei como a que se pretende aprobar será practicamente imposíbel facer defensa do patrimonio natural galego. De feito, son tan atrevidos que mesmo incumpre normativas españolas e europeas!
Para que isto non se converta en realidade, temos que facerlles ver que contan cunha contundente oposición social, ademais da de todos os demais grupos políticos do Parlamento e dos movementos sociais. Que non van saír coa súa e aprobar estamegalei depredadora pola vía rápida mentres a xente está desinformada e pendente do que sucede noutros lugares…

E aínda teñen o descaro de dicir que a redactaron cunha “ampla participación cidadá”!!!

Nós non pensamos ficar calados. E ti? Asina agora esta petición e axúdanos a difundila entre todas as galegas e galegos, por todos estes motivos:

1) EXPROPIACIÓN FORZOSA:

  • Dará barra libre á expropiación por medio dos “proxectos de especial interese”, que poderá ser concedido antes da aprobación do proxecto.
  • A utilidade pública das instalacións eólicas considerarase prevalente: terán dereito a expropiar o monte sen máis.
  • Fará da expropiación forzosa o instrumento fundamental para o acaparamento de terras.

2) OCULTACIÓN DE INFORMACIÓN:

  • Minas: é a propia empresa mineira a que determinará que datos están suxeitos a segredo industrial, furtando así esa información ás persoas afectadas.
  • Haberá proxectos exentos de información pública.
  • Acurtará o tempo para mirar os expedientes.
  • O teu concello non terá nada que dicir.

3) REDUCIÓN DE PRAZOS:

  • Menos trámites.
  • Menos prazo para alegacións.
  • Acurtaranse prazos para controis administrativos.
  • A falta de informe da administración o empresario terá razón.

4) MÁIS DOADO SALTAR O TRÁMITE AMBIENTAL:

  • Desregulación aproveitamento eólico.
  • Desregulación minaría.
  • Desregulación Montes.
  • Incumprimento normativa europea ambiental.

5) MÁIS EUCALIPTOS:

  • As autorizacións non serán necesarias para eucaliptos.
  • Abondará coa “declaración responsable”.
  • Perigo para os bens patrimoniais.
  • En Rede Natura non precisarán autorización da Administración.

6) EXTRACTIVISMO:

  • Quedará sen apenas regulación.
  • Acurtaranse prazos para controis administrativos.
  • Menores controis ambientais, de patrimonio, augas, etc.
  • Dificultarase a participación cidadá.

7) PARQUES EÓLICOS:

  • Desenvolveranse en prazos moi curtos.
  • Non terán en conta criterios ambientais para escollelos.
  • Facilitarase a expropiación forzosa.
  • Pasarán por riba dos dereitos das persoas ou comunidades propietarias dos terreos.

8) CORRUPCIÓN:

  • “Proxecto estratéxico”: o que o gobernante queira.
  • “Utilidade pública”: Abondarán 20m € para o teu proxecto.
  • Se tes cartos o teu proxecto poderá ser máis útil que as augas.
  • Enerxía e Minas aos mandos da Xunta.

9) ACAPARACIÓN DO SOLO AGRÍCOLA:

  • Desregulación de Montes.
  • Pasarán por riba dos dereitos dos donos dos terreos.
  • Proxecto planeado = Terra expropiada.
  • Se non hai informe de Augas, abondará o que diga a mineira.

10) A MADEIRA EN MANS DOS GRANDES COMO ENCE:

  • A autorización explotación forestal non será necesaria para eucaliptos.
  • Tamén en Rede Natura e servidume de costa.
  • Non precisarán informe de Patrimonio.
  • Abondará con declaración responsable.

Tes máis información en:

Manifestación contra a lei de depredación de


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: