Publicado por: MontePituco | 20/09/2017

PREOCUPANTE PROPAGACIÓN DA HERBA DA PAMPA

Unha vez máis, e xa van unhas cantas queixas -a última en decembro de 2016-, a Asociación Monte Pituco volve advertir sobre a preocupante propagación da herba da Pampa no lugar de A Pena, onde se atopa o acceso á Variante de Marín.  Xa se trata dunha zona con pouca poboación -a penas cinco vivendas- e por riba no extremo do límite municipal lindeiro con Pontevedra, co que o nivel de atención por parte das Administracións local e provincial con respecto a outros núcleos máis céntricos e habitados, sexa maior. 

Propagación da herba da Pampa n'A Pena

Nos últimos nove meses advírtese un aumento da presenza desta especie invasora tanto no terreo máis próximo ao enlace coa Variante, como na beira da estrada que dá aos matos e ás terras de cultivo. Apréciase un evidente aumento na concentración de plantas debido á enorme capacidade desta praga para esparexer a súa semente e seguir gañando terreo ao tempo que a flora autóctona é desprazada do seu hábitat natural. E o mesmo ocorre con outras alóctonas como a cana e a acacia.

Propagación da herba da Pampa n'A Pena

Propagación da herba da Pampa n'A Pena

A Asociación Monte Pituco volverá dirixirse á Deputación de Pontevedra para que, como titular do vial onde se está a producir este problema medioambiental, adopte as medidas necesarias para comezar a minimizar o impacto da herba da Pampa nesta contorna. Malia que xa se cursaron varias solicitudes neste sentido, non se observa vontade por parte do Goberno provincial para actuar de forma drástica, máis aló das accións puntuais de desbroce das cunetas que, por suposto, non conlevaron ata agora ningún traballo complementario para arrincar as plantas ou aplicar algún tratamento químico controlado, tendo en conta que se trata dunha zona onde abundan os regatos, co conseguinte risco de provocar contaminación nas augas que abastecen as fincas de labradío e os viñedos próximos.

Propagación da herba da Pampa n'A Pena

Propagación da herba da Pampa n'A Pena

A Comunidade de Montes de San Xulián tamén faría ben en apelar á Deputación de Pontevedra para que a herba da Pampa desapareza das cunetas da estrada provincial porque moi probablemente a súa presenza teña influído en que o terreo baixo a arboreda do Pituco -onde a Comunidade tiña unha plantación de roble americano- tamén acabara completamente infestado. 

Iso non exime a Comunidade de Montes de San Xulián da súa responsabilidade -ou máis irresponsabilidade- polo nulo mantemento deste recheo, que é a viva imaxe do abandono. Un abandono que se estende á propia arboreda, que dende hai máis dun ano non se desbroza nin limpa da vexetación acumulada. 

Propagación da herba da Pampa na plantación a carón da arboreda do Pituco


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: