Publicado por: MontePituco | 19/06/2017

DEDICÁNDOLLE A XAN MONTENEGRO A SENTENZA DO TSXG

Homenaxe a Xan Montenegro no seu sexto cabodano

Poemas, música… e ata unha sentenza xudicial.

Na homenaxe a Xan Montenegro polo seu sexto cabodano quixemos dedicarlle a Xan a lectura duns parágrafos da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ordea a retirada do polígono industrial proxectado no Monte Pornedo do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia:

“…Es de destacar que la alta o muy alta intervisibilidad del ámbito físico aquí examinado se reconoció en su día en el informe de sostenibilidad ambiental del propio P.X.O.M., que la alta exposición visual y el impacto paisajístico, vinieron a admitirse por el Concello en la fase de información pública del PSOAEG, encontrándose dicho ámbito en la zona de amortiguación respecto del Plan de ordenación del litoral y reconociéndose en la memoria ambiental del PSOAEG la posibilidad de nuevas afecciones  ambientales, paisajísticas y al patrimonio cultural, con el parque aquí estudiado. Ante lo expuesto, no es aceptable que el informe de sostenibilidad ambiental o la memoria ambiental aparentemente difieran a momento o fase posterior tanto la real valoración de las potenciales afecciones directas o indirectas sobre el espacio natural de los montes do Morrazo como la efectiva previsión de las medidas correctoras, ya que dadas las características del ámbito físico afectado, un nivel suficiente de dicha valoración o previsión se presenta como imprescindible para justificar la dedicación del ámbito físico examinado a un tan concreto destino como es el relativo a un parque   empresarial, nivel que en el presente caso no consta alcanzado y lo que se constituye así en motivo anulatorio del específico extremo aquí impugnado. Ha de tenerse en cuenta que la decisiva influencia que las características del ámbito físico examinado, proyectan sobre los aspectos vinculados a las referidas valoración y previsión, y en conexión con ello, a la apreciación sobre razonabilidad de la discutida opción elegida por la Administración, exigen una especial atención en cuanto a la justificación de tal opción, la cual no cabe entender como razonablemente conseguida…”

Homenaxe a Xan Montenegro no seu sexto cabodano

Familiares, amigos e veciños volvemos reunirnos para honrar a súa figura e a súa contribución á mellora da parroquia de San Xulián. De xustiza é, por tanto, que leve o seu nome a estrada pola que agora podemos transitar con maior seguridade grazas á construcción dunhas beirarrúas polas que el moveu ceo e terra mentres tivo alento.

Da súa colleita é tamén o lema do “balcón da ría” co que tanto apelamos ao miradoiro do Pornedo como espazo onde verdadeiramente o Concello de Marín se proxecta cara ao mar, coa Illa de Tambo diante e o arquipélago de Ons no horizonte.

A súa creatividade era tan vizosa, o seu compromiso tan firme e as súas conviccións tan inquebrantables, que algúns dos proxectos que sostiña non soportaron a súa ausencia e acabaron esmorecendo tralo seu pasamento: nunca máis a Festa do Palleiro volveu encher de troula o Carballal e a Asociación de Veciños de San Xulián que el presidía murchou de inanición.

Modestamente, e da mellor maneira que puidemos, tomamos o testemuño da súa defensa pola conservación do Monte Pornedo (Pituco), e aí seguimos sete anos despois, dedicándolle a Xan unha pequena gran vitoria acadada ante o TSXG. Queda aínda un longo camiño por percorrer fronte ás Administracións e os tribunais: a memoria de Xan seguiranos inspirando novos xeitos de pór en valor o patrimonio cultural, o medio natural e a paisaxe que se divisa dende o ‘balcón da ría’; o seu exemplo daranos alento fronte ás dificultades; combatiremos o xogo sucio dos pro-polígono coa verdade, a integridade e a contundencia dos nosos principios.

20170617_213420

Un ano máis, agradecer e recoñecer o labor das persoas que manteñen viva a chama do seu legado: Xosé Vilas e Antón Pousada da Agrupación Cultural Ronsel; Lois González Dopazo como mestre de cerimonias; a música vibrante do gaiteiro de Estribela, Felipe Rea; a elegancia na interpretación de Lía facendo soar o seu violín; e por suposto, as súas ‘Lucindas’ -nai e irmá-, e as súas ‘Esther’ -curmá e sobriña-, con toda a familia Montenegro facendo piña arredor dun monumento coroado cun chapeu.

Homenaxe a Xan Montenegro no seu sexto cabodano

Homenaxe a Xan Montenegro no seu sexto cabodano

Homenaxe a Xan Montenegro no seu sexto cabodano

Homenaxe a Xan Montenegro no seu sexto cabodano

Homenaxe a Xan Montenegro no seu sexto cabodano

Homenaxe a Xan Montenegro no seu sexto cabodano

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: