Resulta incomprensible que todos os anos se repita a mesma historia, coma un déjà vu diabólico ao que resulte misión pouco menos que imposible poñer solución… Cada vez que comeza a primavera e mesmo ás portas do verán, as comunidades de montes quéixanse de que o monte está feito unha selva e critican que a Xunta non lles dá axudas para limpalo.
Cabe preguntarse, xaquelogo, que fan as comunidades cos cartos das talas de madeira? E co diñeiro que perciben por outros conceptos, como no caso de San Xulián, o canon anual do Ministerio de Defensa polo aluguer dunha parcela de monte comunal destinado aos adestramentos militares da Brilat? Non teñen obriga de reinvertir unha porcentaxe dos seus ingresos no propio monte, para a súa mellora? Por que non se dedican eses fondos ao adecentamento progresivo das parcelas que se atopen en malas condicións, ou a ir sustituíndo progresivamente o eucalipto e as especies pirófitas por árbores frondosas?
Xa ‘cansa’ un pouco poñer de exemplo á Comunidade de Montes de Salcedo pero, téndoa tan preto, non cómpre ir buscar modelos de actuación lonxe de nós. Calquera que vaia polo monte de Salcedo alucinará co cambio que deu este territorio dun tempo a esta parte: rareos na masa forestal, replantacións con especies autóctonas, retirada total das acacias que invadían unha superficie importante do monte, xacementos arqueolóxicos limpos… E ninguén lles escoita ou lles le queixas na prensa sobre o que fai ou deixa de facer a Xunta. Eles, co que teñen, xestionan e actúan. E teñen o seu monte como a patena!
Na última asemblea anual da Comunidade de Montes de San Xulián escoitamos ‘pasmados’ que a Comunidade ‘regalaba’ 5.000 eurazos a cinco asociacións -só veciñais- da parroquia. Sen especificar cales, nin por que razóns, nin con que criterios, nin a que fins se ían destinar eses cartos da Comunidade, é dicir, dos comuneiros e comuneiras. Por que ás asociacións veciñais si pero as culturais non? Acaso unha ‘compra de vontades’ encuberta? A que vén esta falta de transparencia?
Logo estraña ver o presidente da Comunidade de Montes de San Xulián nunha foto -só nunha foto, porque declaracións, cero- nunha reportaxe do xornal, sendo partícipe dunha protesta -lícita e lexítima por parte das Comunidades que as formulan-. Pero é que nesta parroquia había 25.000 euros que, podendo ter sido destinados a traballos de limpeza, adecentamento e posta a punto do monte para tratar de saír airosos das próximas vagas de lumes, foron a parar a fins un tanto escuros que a saber a quen e a que benefician.
…De modo que a estas alturas, toca seguir escoitando a mesma retórica e a mesma ladaíña de sempre, cando quizais o máis práctico sería aplicar o refrán ‘A deus rogando pero co manzo dando’! Que se nin mamá Xunta nin papá Estado colaboran, haberao que facer con medios propios, e a pesar deles.
Ou iso, ou resignarse a que o monte arda, ou peor aínda, encomendarse aos santos…
Los montes de la comarca, un polvorín a las puertas del verano
Los comuneros se lamentan de que la Xunta no obligue a afrontar la limpieza de las parcelas. Reclaman prevención y ayudas para los propietarios particulares
“El estado de los montes es igual que el del año pasado e igual que el de todos los anteriores y los próximos: lamentable. Está sin ningún tipo de tratamiento, tanto las propiedades particulares como los de las comunidades de montes. Hay plantaciones de eucalipto que da pena verlas. Están en estado de abandono, es un caldo de cultivo al que hay que sumar el tiempo seco sin lluvia y con viento”, explica Iván Pérez, presidente de la Mancomunidade de montes veciñais en man común de Pontevedra y vicepresidente de la Comunidade de Montes de Lourizán.
José María Fernández: “Más del 90% de los incendios son consecuencia de la acción humana”
“Estos días brindan la oportunidad para prender fuego”, asegura
“Bastante más del 90 por ciento de los incendios que vemos son responsabilidad de alguien, por un error o negligencia o porque quiere intencionadamente encender eses fuego. Además, los montes gallegos, por sus características ecológicas, tienden a acumular mucha biomasa, mucha vegetación, combustible. Esto hace que, a pesar de que se dediquen muchos esfuerzos a la prevención, no me atrevo a decir si suficientes o no, siempre haya determinadas zonas con una carga de combustible disponible para un incendio. Por último, nos estamos enfrentando a una primavera bastante atípica: muy seca. No es habitual esta falta de lluvia a estas alturas del año”.
Deixar unha resposta