A Ruta da Pedra e da Auga -de 6,5 km- ten o punto de partida a carón da rotonda de Barrantes, na Autovía do Salnés, no ámbito da parroquia de San Andrés de Barrantes pertencente ao concello de Ribadumia. Unha caseta de información turística asiste aos visitantes e aos peregrinos que realizan a denominada “variante espiritual do Camiño de Santiago”.
A ruta discorre río arriba polas parroquias de San Martiño de Meis e de Santa María de Armenteira, situadas no municipio de Meis, e remata no Mosteiro de Armenteira.
Máis de cincuenta muíños -algúns deles restaurados e en funcionamento, outros en ruínas- acompañan o paseo polo río Armenteira, xunto con lavadoiros e pequenas pontes, nun entorno natural que combina a paisaxe agrícola e a vexetación de ribeira formada por carballos, ameneiros, salgueiros, loureiros, abeleiras… sen contar a presenza dalgunha especie invasora, principalmente acacias e eucaliptos.
Muíño de Chantada
No interior do muíño de Chantada facíase unha demostración da moenda
As flores dos salgueiros sementaban o sendeiro e as leiras ao carón do camiño
Muíño de O Con
A carón do muíño d’O Con atópase unha laxe con inscricións cruciformes de orixe medieval
As árbores tumbadas nos últimos temporais permiten decatarnos da cantidade de lixo -sobre todo plásticos- que se acumulan no subsolo, entre as raíces
Lavadoiro da Barcia e muíño do Montado
Muíño do Gaiteiro
Muíño da Casa e muíño do Montiño
Recreación dunha Aldea Labrega, con hórreo, igrexa, cruceiro, lavadoiro, fonte, figuras representando oficios tradicionais e animais domésticos. Realizados en pedra na Escola de Canteiros de Poio
Segundo a veciñanza, esta vista tomada dende a ponte de madeira que enfila cara ao muíño da Laxiña e á presa, é das mellores estampas da Ruta
Detalle dos pelos algodonosos da flor do salgueiro, cubrindo o chan
Ao final da ruta chamaba a atención a presenza de carpas que, como consecuencia dunha festa que se celebraba nesta ponte de Semana Santa, tapaba a fachada da igrexa e do mosteiro de Armenteira. Unha mágoa para os moitos visitantes que percorrían este itinerario e que se achegabann ata este monumento.
Folleto informativo da Ruta da Pedra e da Auga elaborado pola Deputación de Pontevedra
Unha maravilla
By: Cruxens on 17/04/2017
at 20:43
Moitas grazas pola visita ao blog e polo comentario. Contentos de que che gustara. Saúde!
By: MontePituco on 18/04/2017
at 07:03