Publicado por: MontePituco | 22/06/2015

NA MARCHA POLA DEFENSA DA RÍA

Asistimos un ano máis á Marcha pola Defensa da Ría, organizada pola APDR. Partiu arredor das 20:00h das alamedas de Pontevedra e de Marín para xuntarse ás portas da fábrica.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Seguimos a mobilización dende Pontevedra, que contou coa participación de arredor de medio milleiro de persoas, ás que se sumaron máis dun centenar dende Marín…

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

[Preme en ‘Ler máis’ para ver a galería de imaxes completa]

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Pola defensa dos nosos montes!

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

…Ao chegar a fábrica, o cordón policial, as grandes lonas propagandísticas da empresa e os traballadores gravando imaxes dos manifestantes.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

O vicepresidente da Asociación Pola Defensa da Ría, Benito Andrade, leu o manifesto:

Queremos darvos a benvida á Praia dos Praceres, benvidos a unha das xoias da nosa Ría, usurpada antes polo franquismo cruel e agora polo capitalismo máis irresponsable. Benvidos a un dos nosos máis ricos bancos marisqueiros, a unha das paisaxes máis fermosas, a unha das costas máis ricas en diversidade, a un dos nosos mellores reclamos turísticos; co aire máis puro, coas augas máis limpas. 

Non, non é tolería, non é ilusión, non é utopía. A nosa presenza aquí, ano tras ano, na defensa do noso, do de todos e de todas, a nosa loita diaria, vai conseguilo, imos recuperar o que nos pertence non o dubidedes. O complexo industrial vai saír de Lourizán e imos restaurar a marisma, os nosos sistemas naturais, as nosas paisaxes e o traballo no mar. 

É moi importante que non deixemos que nos enganen. Porque agora, logo de 50 anos de destrución e desarranxo ambiental, ENCE ofrécenos o paraíso a cambio da permanencia en Lourizán máis alá do 2018; milleiros de postos de traballo, eliminación de cheiros e molestias, devolución da auga roubada ao Lérez, pago dos impostos en Pontevedra, fin da contaminación da Ría, creación de riqueza e benestar… Pero xa é demasiado tarde e xa ninguén na comarca cre as mentiras dos directivos da fábrica de pasta de papel. Quen vai crer nestas promesas cando levan facendo todo o contrario ao longo da súa historia na Ría? Porque non o fixeron ata agora? Simplemente porque non o van facer nunca! 

Non o dubidedes, entre todos e todas imos terminar coa contaminación da Ría e do noso ar, cos pestilentes cheiros e fumes que afectan á nosa saúde. Entre todos e todas conseguiremos o saneamento da Ría e recuperaremos os nosos bancos marisqueiros, as nosas praias e a Illa de Tambo. 

Entre todos e todas conseguiremos frear o avance dos monocultivos de eucalipto, as fumigacións tóxicas e a miseria forestal que alimenta os lumes. Recuperaremos as nosas paisaxes e os solos que darán soporte a un bosque diverso e vida e en recursos. 

Entre todos e todas abriremos o campo para novas posibilidades de desenvolvemento sostible, para a creación de emprego na comarca. Con augas, praias e fondos limpos as oportunidades para a pesca e o marisqueo e para o turismo multiplicaranse. 

Imos denunciar as trampas das empresas para permanecer en Lourizán e a impedir prórrogas e artimañas que lles permitan seguir indefinidamente danando o noso medio e a nosa economía. 

Si, vos dámos a benvida á praia dos Praceres porque, non o dubidedes, imos recuperala para todos, porque a Ría é nosa e non da Celulosa.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Malia a súa avanzada idade, Antonio Alfonsín ergueuse da súa cadeira mecánica para facer valer diante de tod@s a súa memoria: onde se ergueron as naves e as chemineas de Ence atopábase a mellor praia marisqueira de Pontevedra.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

Marcha pola Defensa da Ría 2015.

http://www.crtvg.es/flow3/flowplayer.commercial.swf


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: