Publicado por: MontePituco | 20/06/2015

NA HOMENAXE A XAN MONTENEGRO, NO SEU 4º CABODANO

Homenaxe a Xan Montenegro.

 

Un ano máis reunímonos a carón do monumento en memoria de Xan Montenegro para lembrar -no cuarto aniversario do seu pasamento- a figura deste veciño inesquecible, para recoñecer a súa contribución á mellora da parroquia, para arroupar a súa familia.

Homenaxe a Xan Montenegro.

Non faltaron os seus compañeiros de Marinenses Independentes -Isabel Martínez Epifanio, Antón Pousada, Xosé Vilas, Miguel Suárez Briones…-, non faltou o gaiteiro de Estribela, Felipe Rea, que iniciou o acto interpretando a Marcha do Antigo Reino de Galicia.

 

Homenaxe a Xan Montenegro.

Homenaxe a Xan Montenegro.

Música e poemas foron os dous principais ingredientes deste encontro veciñal de homenaxe a Xan, ante o monolito que representa dous dos seus rasgos máis característicos: o seu inseparable chapeu e as súas inquedanzas literarias, que quedaron plasmadas nun poema da súa autoría.

Lucinda Montenegro recitou uns versos de Jorge Luis Borges.

Homenaxe a Xan Montenegro.

Homenaxe a Xan Montenegro.

Tampouco faltaron Tati e Lía, que cada ano que pasa sorpréndennos con mellores interpretacións de violín.

Homenaxe a Xan Montenegro.

Coa súa curmá Esther descubrimos que ata unha simple bolsa de plástico que move o vento pode traernos boas lembranzas e mesmo textos literarios que falan da lingua e da historia de Galicia; da Galicia que tanto defendeu Xan Montenegro a través do seu compromiso coa política e coa cultura. 

Homenaxe a Xan Montenegro.

Homenaxe a Xan Montenegro.

O seu grande amigo Xosé Vilas lembrou unha visita que ambos fixeran á casa do poeta Manuel Antonio, en Rianxo. Uns versos do libro “De catro a catro” serviron para testemuñar que Xan non era unha persoa corrente, que tiña unha ansia por aprender, por coñecer persoas e lugares que o enriqueceran como persoa e como galego. 

Presentando o acto, o tamén veciño de San Xulián, Lois González Dopazo, novo presidente do Ateneo Santa Cecilia, unha entidade que vén de ser recoñecida co Premio Provincial de Cultura pola súa longa traxectoria.

Homenaxe a Xan Montenegro.

Homenaxe a Xan Montenegro.

Rematamos o acto escoitando o Himno Galego, interpretado por Felipe Rea.

Homenaxe a Xan Montenegro.

Homenaxe a Xan Montenegro.

Ogallá o ano próximo, no momento de xuntarnos novamente en torno á memoria de Xan Montenegro, poidamos celebrar que a estrada da parroquia, pola que tanto traballou para que fose un lugar de tránsito digno e seguro para a veciñanza, coas súas beirarrúas e os seus servizos, leve por fin o seu nome. É de xustiza!

Ogallá o ano próximo, cando voltemos reunirnos para honrar a figura de Xan Montenegro, poidamos seguir ollando cara ao monte que está ao lonxe, por detrás do seu monumento, o Monte Pornedo (Pituco), para que siga conservando o seu verdor; para que non se transforme nunha mole de formigón e asfalto; para que o polígono industrial proxectado neste Espazo Natural que Xan bautizou como o “balcón da ría” non se leve nunca a cabo; para que o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que agora xa é unha realidade e que el tamén apoiou firmemente, siga sendo exemplo de respecto polo medio ambiente, polo patrimonio e a pola cultura da nosa parroquia e do noso Concello.

Xan Montenegro, SEMPRE!

Homenaxe a Xan Montenegro.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: